Paheli (en ) é un filme indio de 2005 rodado en lingua hindi e dirixido por Amol Palekar. É un remake do filme de 1973 Duvidha de Mani Kaul, e baséase na historia escrita por Vijayadan Detha en lingua rajasthani. Tamén foi parcialmente inspirado polo filme canarés de 1997 Nagamandala, baseado á súa vez na obra homónima de Girish Karnad. Foi producido por Juhi Chawla, Aziz Mirza, Sanjiv Chawla e Shah Rukh Khan, quen tamén é o protagonista. Conta a historia dunha esposa (Rani Mukerji) cuxo marido (Khan) marcha de viaxe de negocios xusto despois de casar, e recibe a visita dun xenio, disfrazado do seu marido, que está namorado dela e ocupa o seu lugar no fogar. A historia de Detha, que fora adaptada anteriormente ao filme de 1973 por Mani Kaul, ten orixe folclórica. Porén, Paheli diverxe do seu material orixinal e das adaptacións anteriores ao dar á trama e ao seu personaxe feminino principal un carácter máis feminista.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes

Shah Rukh Khan como Kishanlal / pantasma Rani Mukerji como Lachchi Anupam Kher como Bhanwarlal Aditi Govitrikar como Kamli Rajpal Yadav como Bhoja Dilip Prabhavalkar como Kanwarlal Sharvari Jamenis como Rakhma Palak Jain como Anusuya A. K. Hangal como Jeevraj Naseeruddin Shah como marioneta Ratna Pathak Shah como marioneta Amitabh Bachchan como Gadariya Juhi Chawla como Gajrobai Suniel Shetty como Sunder Laal Aasif Sheikh como pantasma

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Amol Palekar Categoría:Filmes ambientados en Rajasthan Categoría:Filmes rodados en Rajasthan Categoría:Filmes de Red Chillies Entertainment Categoría:Filmes con banda sonora de M. M. Keeravani