dereita|miniatura|Dronavalli Harika. Dronavalli Harika, nada o 12 de xaneiro de 1991 en Guntur (Andhra Pradesh, a India), é unha xadrecista india, Gran Mestra Feminina dende xullo de 2011. Comezou a ser coñecida tras gañar o Campionato Mundial de Xadrez da Mocidade nas categorías femininas sub-14 e sub-18. En 2011 gañou o Campionato de Xadrez Asiático Individual de Mulleres. Vladimir Kramnik, Judit Polgár e Viswanathan Anand son os seus heroes no xadrez.

Traxectoria Harika naceu o 12 de xaneiro de 1991 na cidade de Guntur, filla de Ramesh e Swarna Dronavalli. Estudou no colexio Sri Venkateswara Bala Kuteer da súa cidade natal. Comezou a xogar ao xadrez sendo moi nova e logrou unha medalla no campionato nacional Sub-9. A este trofeo seguiuno unha medalla de prata no campionato mundial xuvenil feminino Sub-10. Comezou entón os seus adestramentos con NVS Ramaraju, quen refinou as súas técnicas de xogo. Harika converteuse na segunda muller da India en obter o título de Gran Mestra Feminina, despois de Humpy Koneru.

Palmarés (incompleto)

Campionato da Muller da Commonwealth en 2006, 2007 e 2010. En 2004 gañou o Sub-14 feminino en Heraclión, (Grecia). En 2006 gañou o Sub-18 feminino en Batumi (Xeorxia). En 2008 gañou o título feminino no Mundial xuvenil de xadrez en Gaziantep (Turquía) por só un punto de diferenza. En 2008 foi a muller líder do Festival de Xadrez de Xibraltar. En 2010 gañou a medalla de prata nos Xogos Asiáticos en xadrez rápido individual feminino. En 2010 chegou aos cuartos de final do Campionato Mundial Feminino de Xadrez. En 2012 chegou ás semifinais do Campionato Mundial Feminino de Xadrez, mais perdeu fronte a Antoaneta Stefanova. En 2015 gañou a medalla de bronce no Campionato Mundial Feminino de Xadrez, celebrado en Sochi (Rusia). En 2017 obtivo a medalla de bronce no Campionato Mundial Feminino de Xadrez, celebrado en Teherán (Irán). En 2021 gañou a medalla de prata no Campionato Mundial Feminino de Xadrez por equipos da FIDE. O mesmo ano obtivo a medalla de bronce na Olimpíada Feminina de Xadrez Online.

Outros recoñecementos

En 2007 recibiu o Premio Arjuna, o segundo máximo recoñecemento da India ao deporte. En 2019 foi galardoada co Padma Shri, o cuarto maior recoñecemento civil da India, pola súa contribución a través do eido deportivo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Interview with Dronavalli Harika , World Women Chess Championship 2010 .

Categoría:Xadrecistas da India Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados na India