miniatura|250px|Vista aérea de Dillingham A baía de Nushagak (en inglés: Nushagak Bay) é unha pequena baía localizada na parte norte da gran baía de Bristol, en Alasca (Estados Unidos).Protect Bristol Bay | No Pebble Mine | Nushagak River Adventures Lodge en YouTube.

É un grande estuario que abarca máis de 100 km<small>2</small> na parte suroeste do estado de Alasca.

Ábrese á baía de Bristol, unha gran masa de auga no leste do mar de Bering ao norte da península de Alasca.

A baía discorre principalmente de norte a sur desde a desembocadura do río Nushagak até a baía de Bristol a uns 48 km cara ao sur.

Nela desembocan os ríos Nushagak, Wood e Snake.

Forma parte da rede hemisférica de reservas para aves como sitio de categoría rexional.​

Nas súas proximidades sitúase a cidade máis grande da rexión, Dillingham (2 466 habitantes en 2000), famosa pola pesca do salmón.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fotos da Rexión Información ambiental de Pebble Mine

Categoría:Mar de Bering Categoría:Baías dos Estados Unidos de América Categoría:Xeografía de Alasca