O lago Teshekpuk (en inglés: Teshekpuk Lake; en inupiaq: Tasiqpak), é un lago na costa ártica do estado de Alasca (Estados Unidos), ao sur de Pitt Point, a 19 km ao leste da baía de Harrison, e a 130 km ao leste de Point Barrow.Teshekpuk Lake na Enciclopedia Británica."Teshekpuk Lake". Geographic Names Information System. United States Geological Survey, United States Department of the Interior.

Ten unha superficie de 830 km,<small>2</small> unha lonxitude de 45 km, e un ancho de 35 km.

O lago está situado dentro dos terreos asignados á Reserva Nacional de Petróleo.

Etimoloxía O seu nome provén da lingua iñupiaq Tasiqpak, rexistrada por Rochfort Maguire como Tasok-poh en 1854, que significa "gran lagoa", "gran auga costeira pechada" ou "gran lago costeiro"."Cold Regions Lake and Landscape Research: Teshekpuk Lake Observatory" . USGS Alaska Science Center.

Outros nomes Tamén é coñecido como: Lago Teshekpuk Lago Tasekpuk Lago Tasirkpuk Tasyukpun Tasiqpak

Fauna O lago Teshekpuk é ben coñecido pola súa densa concentración de vida salvaxe. A rexión alberga unha gran variedade de especies árticas, incluíndo un rabaño de caribús con 64 000 individuos, e un gran número de aves migratorias e acuáticas. Entre as especies de peixes presentes no lago están Coregonus nasus, Coregonus autumnalis, Oncorhynchus tshawytcha, Oncorhynchus keta, Salvelinus namaycush, Salvelinus malma e Lota lota.

O lago tamén é un santuario para a vida salvaxe durante o verán, as súas augas profundas proporcionan protección para até 35 000 de Anser albifrons e 37 000 de Branta bernicla, que representan o 20-30 por cento do poboación do Pacífico a principios do século XXI. Ademais, as zonas húmidas circundantes serven de hábitat para numerosas aves costeiras migratorias, como o eider de anteollos (Somateria fischeri), e para os lemmings e é o lugar de parto dun rabaño de case 70 000 caribús. O feito de que o lago sexa utilizado por tantos animais levou a algúns ecoloxistas a afirmar que o lago Teshekpuk e os seus arredores constitúen o complexo de zonas húmidas máis importante do Ártico.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas NASA: Teshekpuk Lake, Alaska's North Slope Audubon Alaska: Teshekpuk Lake Teshekpuk Lake: Arctic Nursery Video

Categoría:Lagos de América