Anhima cornuta é unha especie de ave anseriforme da familia dos anímidos, a única incluída no xénero Anhima.

Taxonomía Descrición Xénero O xénero foi descrito en 1760 polo Mathurin Jacques Brisson.Anhima Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 20 de o 20 de outubro de 2022.Anhima Brisson, 1760 na BioLib. Consultada o 20 de o 20 de outubro de 2022.

Especie A especie describiuna Linneo en 1766 baixo o nome de Palamedea cornuta.Anhima cornuta (Linnaeus, 1766) na BioLib.

Sinónimos Do xénero: Palamadea Bechstein, 1791 Palamedea Linnaeus, 1766 Palamedes Billberg, 1828 Palamedia''' Fleming, 1822

Da especie: Palamedea cornuta Linnaeus, 1766 (protónimo)

Notas taxonómicas Esta especie xa era coñecida no século XVII,Grew, Nehemiah (1681): Rarities belonging to the Royal Society, p. 65. e foi descrita en 1766 polo naturalista sueco Carl Linnaeus na duodécima edición do seu Systema Naturae, co nome binomial Palamedea cornuta.<ref>Linnaeus, Carl (1766): [https://www.biodiversitylibrary.org/page/42946428#page/236/mode/1up Systema naturae per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Vol. 1 (12ª ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 232].</ref>

A especie é hoxe a única situada no xénero Anhima, que foi creado polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.Brisson, Mathurin Jacques (1760): Ornithologie, ou, Méthode Contenant la Division des Oiseaux en Ordres, Sections, Genres, Especes & leurs Variétés (en francés e latín). Paris: Jean-Baptiste Bauche. Vol. 1, p. 48, Vol. 5, p. 518.Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2019): "Screamers, ducks, geese, swans". World Bird List Version 9.1. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Screamers, ducks, geese, swans". World Bird List. Version 9.1. International Ornithologists' Union.

O epíteto específico cornuta é a palabra latina para "cornudo".Jobling, J. A.; del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. (2019): "Key to Scientific Names in Ornithology". En Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.

O naturalista alemán Georg Marcgrave utilizara o nome latino Anhima en 1648 para esta especie na súa Historia naturalis Brasiliae.Marcgrave, Georg (1648): Historia naturalis Brasiliae. Vol. Liber Quintus: Qui agit de Avibus. Lugdun et Batavorum (Londres e Leiden): Franciscum Hackium and Elzevirium, p. 215.

Hábitat e distribución Hábitat Vive ao bordo da auga nas selvas de América Central e do Sur.

Distribución Propia de Suramérica, amplamente estendida, as súas poboacións ocupan boa parte de Colombia, Venezuela, Brasil, Ecuador, Perú, as Güianas e Bolivia. Probabelmente extinguida en Trinidad e Tobago.BirdLife International (2016): Anhima cornuta na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 20 de outubro de 2022.

A pesar de ter diminuído localmente, segue estendida e é bastante común en xeral. A súa área de dispersión no Brasil parece que se expandiu nos últimos anos.Piland, N. (2020): Horned Screamer (Anhima cornuta), version 1.0. In Birds of the World (T. S. Schulenberg, Editor). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA.

Características Anhima cornuta é unha ave moi grande, de 84 a 95 cm de lonxitude e 3,5 kg de masa corporal, cun pequeno pico parecido ao dunha galiña. As partes superiores, a cabeza e o peito son de cor negra, con manchas brancas na crista, na gorxa e nas ás cobertoiras. Hai unha longa estrutura espiñenta que se proxecta cara a adiante desde a crista. Esta estrutura é única entre as aves e non deriva dunha pluma senón que é unha estrutura cornificada que está lixeiramente unida ao cranio e que crece continuamente mentres se rompe a miúdo na súa punta.Stettenheim, Peter R. (2000): "The Integumentary Morphology of Modern Birds—An Overview". American Zoologist 40 (4): 461–477. Isto dálle o seu nome a esta especie. Ten as patas moi longas e tres dedos grandes en cada unha. O ventre e as cobertoiras debaixo das ás son brancas. Ten dous esporóns afiados nas súas ás, e os pés só están parcialmente palmados.

Comportamento Adoitan andar en parellas ou pequenos grupos familiares. Constrúe niños flotantes nos esteiros e descansa sobre árbores altas. Pasa a maior parte do tempo pastando sobre a vexetación flotante ou descansando sobre a copa das árbores, desde onde emite sons guturais que lle serven para demarcar o seu territorio.

Tenden a agruparse, pero son na súa maior parte semisociais, e son bastante sedentarios.

Alimentación Como ave herbívora representa, xunto coas aves fruxívoras, granívoras e nectarívoras, o nivel dos consumidores primarios da cadea trófica nas chairas colombovenezolanas. Aliméntase de diferentes partes das plantas: brotes, follas tenras, raíces, flores e froitos.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación pode ser de moderadamente pequeno a grande, pero non se cre que se achegue aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott, Jordi Sargatal, eds. (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions ISBN 978-84-8733-410-8. ("Family Anhimidae", pp. 528–535). McNish, Thomas (1992): Naturaleza de Caño Limón. Aves del Llano. Bogotá: Villegas Editores. ISBN 95-8913-871-3. Todd, Frank S. (1991): "Family Anhimidae". En Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0, p. 87.

Outros artigos Anseriformes Anímidos

Categoría:Anseriformes Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Taxons descritos por Linné