Medio dólar Franklin "½ Dollar "Franklin Half Dollar"". Numista.com150x150px150x150pxA/: Busto de Benjamin Franklin cara á dereita. Marca de gravador (JRS) no truncamento do busto e data. Lendas: · LIBERTY / IN GOD WE TRUST.R/: Campá da Liberdade e unha pequena aguia á súa dereita. Marca de ceca sobre a campá (D ou S). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / HALF DOLLAR. Datas: 1948-1963. Cecas e marcas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: John R. Sinnock (A/ e R/) e Gilroy Roberts (R/). Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 468.890.105 pezas. Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 1,80 mm. Canto: estriado.
O medio dólar Franklin é unha moeda de prata co valor facial de medio dólar cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1948 e 1963, que presenta como motivo central do seu anverso o busto do pai fundador Benjamin Franklin e no reverso a Campá da Liberdade, cunha pequena aguia ao seu lado.
A moeda cuñouse cunha aliaxe do 90 % de prata nas cecas de Filadelfia (sen marca de ceca), Denver (D) e San Francisco (S), cunha tiraxe total de máis de 460 millóns de exemplares.
A daquela directora da US Mint, Nellie Tayloe Ross, era unha admiradora da figura histórica de Franklin e quería renderlle tributo nunha moeda. Para tal efecto, en 1947 encargoulle ao gravador xefe da casa da moeda, John R. Sinnock, que preparase os cuños para unha moeda de medio dólar na honra de Franklin. Como Sinnock faleceu en maio de 1947, o seu deseño viuse completado polo seu sucesor como gravador xefe, Gilroy Roberts. A casa da moeda presentou os deseños á Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos para recadar o seu ditame e, malia non ser este enteiramente positivo, mantivéronse os deseños orixinais de Sinnock e Roberts.
Logo do lanzamento á circulación desta moeda en abril de 1948, a US Mint recibiu a acusación de que as iniciais JRS de Sinnock no truncamento do ombreiro de Franklin supuñan unha homenaxe velada ao ditador soviético Josef Stalin —aínda que este non tiña un segundo nome que comezase por R—. Non se fixo ningún cambio ao respecto e a ceca pública estadounidense respondeu que as letras eran simplemente as iniciais do artista —a mesma acusación xurdira xa coa aparición dos dez centavos co busto de Roosevelt en 1946, igualmente obra de Sinnock—.
A moeda cuñouse con regularidade desde 1948 ata 1963. A partir de 1964 foi substituída polo coñecido como medio dólar Kennedy, emitido na honra do presidente asasinado John F. Kennedy. Aínda que a moeda segue a ter legalmente a consideración de curso legal, tanto o seu valor no mercado do coleccionismo como o propio valor da prata que contén —8,37 dólares en decembro de 2021— exceden amplamente o seu valor nominal.
Antecedentes e inicio esquerda|miniatura|245x245px|A directora da US Mint, Nellie Tayloe Ross, avogaba por colocar o busto de Franklin no medio dólar.
A admiración que a directora da US Mint, Nellie Tayloe Ross, sentía cara á figura de Benjamin Franklin levouna á necesidade de homenaxealo coa súa presenza nunha moeda dos Estados Unidos. En 1933, o gravador xefe Sinnock creara xa unha medalla coa imaxe de Franklin, o que é probable que espertase en Ross o seu desexo.Taxay, D. (1983) . Páxina 376. No seu momento, Franklin opuxérase á colocación de retratos nas moedas do país;"Benjamin Franklin opposed putting portraits on coins". En The Portsmouth Times. 13 de maio de 1948. Páxina 28. el prefería a inclusión de proverbios dos que a poboación que utilizaba as moedas puidese tirar proveito a través da reflexión.Tomaska, R. (2002). Páxina 3. Nunha entrevista de 1948, Ross indicou que Franklin só coñecía a monarquía británica viva mediante a súa representación nas moedas e que era presumible que pensase de xeito diferente sobre unha república que honra a figura dun fundador falecido. De feito, Franklin podería estar máis desgustado polo deseño do reverso. Como dixo o investigador numismático Jonathan Tepper: "Se Benjamin Franklin soubese que aparecía nun medio dólar xunto a unha aguia, é moi probable que se anoxase bastante, xa que el detestaba este animal, ao que se refería adoito como preeiro; como era un home práctico, Franklin colocou o pavo salvaxe como ave nacional".Tepper, J. (1990-a-).
Unha lei de 1890 prohibía a substitución dunha moeda sen a intervención do Congreso dos EEUU, a non ser que xa levase en circulación como mínimo 25 anos desde a súa primeira emisión. O anterior medio dólar da "Liberdade camiñando" e a moeda de 10 centavos Mercury emitíranse por vez primeira en 1916, polo que poderían ser substituídas libremente sen a intervención do Congreso a partir de 1940.Breen, W. (1988). Páxinas 413, 416.
miniatura|172x172px|O anverso da medalla de Franklin creada polo gravador xefe da US Mint, John Sinnock, serviu de base para o do medio dólar Franklin.
Os funcionarios da US Mint consideraron entón a posibilidade de pór a Franklin na moeda de 10 centavos de 1941, mais este proxecto foi arquivado por mor da gran demanda de moedas que sufriu a casa da moeda cando os Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial.Tomaska, R. (2011). Páxina 21. Durante a guerra, a ceca pública pensou na posibilidade de engadir un ou varios valores faciais novos na moeda nacional, e Sinnock preparou un deseño de Franklin en previsión dunha nova emisión, que non se chegou a producir.Tomaska, R. (2002). Páxinas 4-5. A moeda de dez centavos —coñecida como dime— foi redeseñada en 1946 para representar o presidente caído Franklin D. Roosevelt, que estivera relacionado estreitamente coa ONG March of Dimes. O deseño da Liberdade camiñando era visto como anticuado polos funcionarios da US Mint, e a única outra moeda que se cuñaba e que podería ser substituída era o centavo co busto de Lincoln. Mais Abraham Lincoln seguía a ser unha figura moi querida e Ross non quería ser a responsable de eliminalo da moeda estadounidense.Lange, D. W. (2006). Páxina 172.
Deseño Así as cousas, en 1947, Ross pediulle a Sinnock que realizase un deseño para un medio dólar con Franklin como protagonista, e o gravador xefe adaptou o seu deseño anterior da medalla para o anverso desta moeda, para o que se baseara nun busto de Franklin creado por Jean-Antoine Houdon. Pola súa banda, Sinnock baseou o seu deseño para o reverso no do medio dólar conmemorativo do sesquicentenario da Independencia dos Estados Unidos, que el mesmo creara en 1926 coa Campá da Liberdade como motivo principal.
miniatura|170x170px|O reverso do medio dólar do sesquicentenario dos EEUU (1926) serviu de base para o do medio dólar Franklin."½ Dollar Sesquicentennial of American Independence". Numista.com"Sesquicentennial of American Independence Half Dollar". United States Mint.
O escritor numismático Don Taxay descubriu máis tarde que Sinnock baseara a súa Campá da Liberdade nun esbozo de John Frederick Lewis."1948–63 Half Dollar Franklin History". Coin Community Family. Sinnock faleceu en maio de 1947, antes de concluír o deseño do reverso, polo que este tivo que ser completado polo novo gravador xefe, Gilroy Roberts.
Do mesmo xeito que o traballo de Sinnock nos dez centavos de Roosevelt, o retrato está deseñado con liñas sinxelas, con Franklin vestido cun traxe de época. A pequena aguia á dereita da campá do reverso engadiuse con posterioridade ao deseño inicial, cando os funcionarios da casa da moeda se decataron de que a Lei da Moeda de 1873 esixía que aparecese unha aguia en todas as moedas dos Estados Unidos cun valor facial superior aos dez centavos.
A Casa da Moeda dos Estados Unidos solicitou o preceptivo ditame da Comisión de Belas Artes, á que se lle proporcionou un molde en chumbo do anverso e unha representación do reverso, que Don Taxay supón que debeu ser un modelo en xeso. O 1 de decembro de 1947, o presidente da comisión, Gilmore Clarke, escribiulle á directora Ross para lle comunicar que non tiñan obxección ningunha sobre o anverso, que recoñecían como "un bo traballo de Sinnock"; no entanto, acerca do reverso...:Taxay, D. (1983) . Páxinas 376-377.
O numismático Paul Green sinalou máis tarde: "Ao longo dos anos, é probable que houbese aínda máis xogos de palabras e declaracións despectivas se se intentase representar a campá sen ningunha fenda".Tomaska, R. (2002). Páxina xi. A Comisión de Belas Artes propuxo a creación dun concurso de deseño baixo os seus auspicios.Taxay, D. (1983) . Páxina 377. As súas opinións, que só tiñan carácter consultivo, foron rexeitadas polo Tesouro e a nova moeda foi aprobada polo secretario desta institución, John W. Snyder, o que Taxay atribúe á falta de vontade de desacreditar a Sinnock.
Lanzamento e produción esquerda|miniatura|330x330px|O lanzamento do medio dólar Franklin foi portada da revista The Numismatist en xuño de 1948.
O 7 de xaneiro de 1948, o Tesouro emitiu un comunicado de prensa anunciando a nova moeda de medio dólar."Details of New Half-Dollar Design with Benjamin Franklin’s Profile". United States Mint. 7 de xaneiro de 1948. A desaprobación da Comisión de Belas Artes non se incluíu neste comunicado e no seu lugar indicábase que o deseño fora unha idea de Ross e que este recibira a "entusiasta aprobación" do secretario Snyder. O comunicado salientaba a reputación de Franklin como aforrador e expresaba a esperanza de que o medio dólar servise como recordatorio de que o diñeiro sobrante debería utilizarse para adquirir bonos e selos de aforro. Franklin converteuse na quinta persoa —e a primeira non presidente— en ser honrada cunha emisión de moeda estadounidense de curso legal, despois de Lincoln, Roosevelt, George Washington e Thomas Jefferson."Benjamin Franklin half dollar to be issued". Press service S-589. United States Department of the Treasury. 7 de xaneiro de 1948.
Nun discurso pronunciado co gallo da presentación do deseño en xaneiro de 1948, Ross indicou que se lle instara a colocar o busto de Franklin na moeda dun céntimo, pola súa asociación co proverbio "un centavo aforrado é un centavo gañado". E ante isto, Ross argüíu: "Estarán de acordo, creo, en que a peza de medio dólar, ao ser máis grande e de prata, se presta moito máis a producir un efecto impresionante". O 29 de abril de 1948, un día antes do lanzamento da moeda, Ross celebrou unha cea para 200 persoas no Instituto Franklin de Filadelfia, na que cada invitado recibiu como agasallo un medio dólar Franklin cunha tarxeta asinada por ela.Breen, W. (1988). Páxina 416.
As novas moedas de novo dólar puxéronse en circulación por vez primeira no mediodía do 30 de abril de 1948,"Striking of Benjamin Franklin-Liberty Bell Half-Dollars". United States Mint. 15 de Abril de 1948. aniversario da toma de posesión de George Washington como presidente dos Estados Unidos en 1789. Puxéronse ao dispor do público nun posto situado nas escaleiras do edificio da delegación do Tesouro de Nova York, por parte de empregados do Franklin Savings Bank vestidos con traxes da época da Revolución Americana."New half dollar for museum archives". En The New York Times. 1 de maio de 1948.