A dos anímidos (Anhimidae) é unha familia de aves da orde das anseriformes.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1885 polo zoólogo noruegués, nacionalizado estadounidense, Leonhard Hess Stejneger.Anhimidae Stejneger, 1885 na BioLib. Consultada o 19 de outubro de 2022.

Xéneros e especies A familia comprende dous xéneros con tres especies: Imaxe Xénero Especies actualmente viventes Anhima Brisson, 1760 Anhima cornutaChauna Illiger, 1811 Chauna torquata Chauna chavaria

Ademais, coñécese un xénero fósil, † Chaunoides Alvarenga, 1999, cunha única especie, † Chaunoides antiquus Alvarenga, 1999.Chaunoides Alvarenga, 1999 na BioLib]. Consultada o 19 de outubro de 2022.

Nota taxonómica Pensouse que os anímidos estaban emparentados cos galiformes por mor de teren picos similares, pero están máis relacionados cos patos (familia dos anátidos), e máis estreitamente, con Anseranas semipalmata (famila dos anseranátidos).Fowler, M. E. & Cubas, Z. S. (2001): Biology, medicine, and surgery of South American wild animals. Hoboken, Nova Jersey: Wiley-Blackwell. ISBN 978-0-4703-7676-8. p. 103.

Distribución e hábitat As tres especies encóntranse só en América do Sur, desde Colombia até o norte da Arxentina. Anhima cornuta estivo presente hai tempo na illa caribeña de Trinidad, pero hoxe está extinguida alí.

Viven en zonas húmidas tropicais e subtropicais (pantanos, lagos, lagoas, marismas), sabanas abertas e prados, ou en chairas aluviais de bosques tropicais húmidos,Anhimidae na ADW, onde se alimentan de plantas acuáticas.

Características Son aves grandes e voluminosas (de 76 a 95 cm de lonxitude, de 3 a 4,4 kg de masa corporal e 170 cm de envergadura), cunha cabeza pequena, patas longas e pés grandes que só están parcialmente palmados. Posúen grandes esporóns nas ás, que utilizan en pelexas de parella e disputas territoriais. A diferenza dos patos, teñen unha muda parcial, polo que poden voar durante todo o ano.

Unha especie, Chauna torquata, considérase unha praga, xa que se alimenta de plantas cultivadas e compite coas aves de granxa.

Bioloxía Nutrición Os anímidos son herbívoros e se alimentan principalmente das follas, caules, flores e raíces da vexetación acuática. Os adultos tamén poden alimentarse de sementes, follas e caules doutras plantas, e tamén de insectos e outros artrópodos.

Reprodución Os anímidos considéranse monógamos estacionais. Os lugares onde aniñan e as parellas poden manterse durante anos ou talvez de por vida. A formación de vínculos de parella implican dúos vocais e acicalamento mutuo. Ambos os sexos constrúen o niño e defenden o territorio ao seu redor. A cópula ocorre en terra, co macho agarrando a caluga da femia co seu peteiro. A reprodución ocorre de outubro a decembro, pero algunhas poboacións poden reproducirse durante todo o ano. Os niños constrúense sobre ou cerca da auga, con material vexetal. O intervalo de posta de ovos é de aproximadamente dous días, e o tamaño da niñada varía de dous a sete ovos. Os ovos son de cor branca con manchas pálidas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott, Jordi Sargatal, eds. (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions ISBN 978-84-8733-410-8. ("Family Anhimidae", pp. 528–535). Todd, Frank S. (1991): "Family Anhimidae". En Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0, p. 87.

Outros artigos Anseriformes

Ligazóns externas Anhimidae na ADW. Anhimidae na EOL.

Categoría:Anseriformes Categoría:Aves de América do Sur