Vítor Manuel Fernandes dos Santos (coñecido artisticamente como Vítor Santos), nado en Algés, Oeiras, en 1946,"Colecção EROS. Os autores ". Escultor.com.pt é un escultor, medallista e deseñador de moedas portugués coñecido por ser o creador dos anversos da primeira serie de moedas do euro de Portugal.
Traxectoria Vítor Santos cursou estudos superiores de Escultura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa (FBAUL), onde despois acadou un mestrado en Deseño."Vítor Santos: Desenhar a moeda foi importante, mas não trouxe reconhecimento ". En Diário de Notícias. 29 de decembro de 2011. Posteriormente formouse como deseñador e gravador litográfico na Escola de Artes Decorativas António Arroio, da mesma cidade."Vitor Manuel Fernandes Santos: Curriculum Vitae ". Escultor.com.pt esquerda|miniatura|242x242px|Moeda de 100 escudos de 1997 Como medallista foi un dos fundadores do grupo de escultores medallistas Anverso/Reverso e é membro da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). A súa obra está en varias coleccións particulares e en institucións como o Museo Británico, onde se expón a súa medalla do 50 aniversario da Polyphonia Schola Cantorum."Vitor Santos". The British Museum.
A primeira moeda deseñada por Fernandes dos Santos foi a bimetálica de 100 escudos cuñada pola Imprensa Nacional-Casa da Moeda en 1997 en conmemoración da Exposición Mundial de Lisboa de 1998."100 Escudos Expo 98". Numista.com miniatura|Anverso da moeda dun euro de Portugal (2010)"1 Euro 2nd map". Numista.com. Logo da integración de Portugal na Eurozona, Vítor Manuel Fernandes dos Santos foi o vencedor do concurso nacional para os deseños dos anversos nacionais das moedas de euro portuguesas. O deseñador inspirouse para iso nos selos reais do primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques: na de dous euros e na dun euro, o selo real de 1144; nas de 50, 20 e 10 céntimos, o selo real de 1142; e nas de 5, 2 e 1 céntimo, o primeiro selo real, de 1134."Portugal". Banco Central Europeu. Eurosistema.Moedas do euro deseñadas por Vítor Manuel Fernandes dos Santos / V. M. F. dos Santos. Numista.com"Moeda corrente > Euro". Imprensa Nacional-Casa da Moeda.
Ademais das moedas ordinarias en circulación, Fernandes dos Santos encargouse tamén dos deseños de diversas moedas conmemorativas cuñadas en metais nobres destinadas ao coleccionismo e ao investimento. Entre elas, a moeda de ouro de cinco euros conmemorativa dos 150 anos do primeiro selo postal portugués, emitida en 2003,"5 Euro First Portuguese Stamp; Gold". Numista.com foi premiada na XXIII Conferencia de Directores de Ceca (San Francisco, 2004) como a moeda conmemorativa con acabamento proof tecnicamente máis avanzada."Moeda corrente > Euro > Prémios e galardões atribuídos à ". Imprensa Nacional-Casa da Moeda.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados no distrito de Lisboa Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Escultores de Portugal Categoría:Personalidades sen imaxes