Daniela Longo, nada en 1968,"Longo Daniela". En Lorioli, V.; Conti, P.F. (2004). Medaglisti e incisori italiani dal Rinascimento a oggi. Bergamo. é unha gravadora italiana coñecida por ser a autora de diversas moedas do euro da Cidade do Vaticao.

Traxectoria

Daniela Longo cursou o ensino secundario postobrigatorio pola rama artística no V Liceo Artistico Statale, de Roma, entre 1982 e 1986. Posteriormente cursou estudos de especialización na Escola de Arte da Medalla do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, entre 1990 e 1993."Daniela Longo: contratos e curriculum vitae". Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato (https://www.trasparenza.ipzs.it).

En 2020, comezou tamén a exercer a docencia na Escola de Arte da Medalla do IPZS, na materia de Gravado de Corte Directo.

Entre outras experiencias laborais no ámbito artístico, en 1995 dedicouse á creación de esmaltes ao lume para o obradoiro Guccione, de Roma, e en 2009 á realización de vidreiras na Vetreria Giuliani, da mesma cidade.

miniatura|Busto de Bieito XVI para as moedas do euro vaticanas (2006-2013).

Tamén colaborou con outros artistas, como Gino Gianneti —na modelaxe de obras de arte na igrexa dos Suízos, no Vaticano, en pequenas esculturas para o IPZS, etc.—, ou Guido Veroi —na pintura de vidreiras ao chumbo, etc.—.

Desde 1999 dedícase ao deseño e o gravado de moedas, medallas e selos postais para a Cidade do Vaticano. Entre as súas creacións destacan os anversos de diversas series circulantes de moedas do euro durante a sede vacante de 2005 e a nome de Bieito XVI (entre 2006 e 2013) e de Francisco (a partir de 2017), así como outras emisións conmemorativas. Ademais, Longo tamén deseña selos de correos para a República de San Marino e o Gran Ducado de Luxemburgo."Daniela Longo, Pope Francis’ Visit to Armenia: 24-26 June, 2016". En Vatican Notes. Vol. 63. Nº 363. 2015.

Nas súas creacións, Daniela Longo utiliza, a modo de sinatura, as súas iniciais D.L. ou ben a abreviatura D.LONGO.Moedas deseñadas por Daniela Longo. Numista.com

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de deseñadores das moedas de euro

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Artistas de Italia Categoría:Personalidades sen imaxes