Luis Ferrer i Balsebre, nado o 8 de xaneiro de 1957 en Madrid, é un médico psiquiatra español, residente en Galicia.
É académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
Traxectoria Formación Luis Ferrer i Balsebre licenciouse e doutorouse en Medicina na Universidade Complutense de Madrid coa tese Antropología médica de la Parroquia de Olelas, municipio de Entrimo, Orense, presentada en 1991.
Acreditouse como Psicodramatista e Director de Grupo pola Escola oficial de Psiquiatría da Universidade Complutense de Madrid e o Instituto de Técnicas Grupais e Psicodrama de Madrid, como Psicoterapeuta de Familia e Docente Supervisor pola Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar, a Asociación Española de Psicoterapeutas e a Asociación Europea de Psicoterapia, e diplomado en Terapia Familiar Sistémica pola Universidade de Massachusetts.Luis Ferrer i Balsebre na web da RAMCG.
Actividades profesionais Ferrer y Balsebre dirixiu os Servizos de Saúde Mental na Coruña (1997-2008) e en Santiago de Compostela (2008-2013).Luis Ferrer i Balsebre en La Voz de Galicia. Foi profesor asociado á cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela (1989-1999), e profesor asociado ao Departamento de Medicina da Universidade da Coruña (2000-2009). Foi Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario "Juan Canalejo-Marítimo de Oza", coordinador responsábel de Saúde Mental da Área Sanitaria da Coruña e Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, así como coordinador responsábel de Saúde Mental da Área Sanitaria de Santiago de Compostela.
Actividades como escritor Luis Ferrer, ademais da súa actividade profesional como psiquiatra e psicanalista, é escritor, ensaísta e articulista. Colaborou como articulista desde 2003 até 2013 no diario La Opinión. A Coruña, ano en que pasou a colaborar en La Voz de Galicia, onde continúa neste labor na actualidade.
Cargos Presidente da Asociación Galega de Saúde Mental. Membro fundador da Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia e o seu presidente até 1993. Bibliotecario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.Junta de Gobierno da RAMCG.
Notas
Categoría:Científicos de España Categoría:Médicos de España Categoría:Psiquiatras de España Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Massachusetts Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Membros da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia