Ramón Area Carracedo, nado en Ourense en 1969, é un médico psiquiatra e escritor galego.

Traxectoria Ramón Area Carracedo estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Con posterioridade, fixo a especialidade de psiquiatría na cátedra do antigo Hospital Xeral de Galicia en Santiago, para traballar, máis tarde, no Hospital Calde de Lugo durante un longo período de tempo que o marcaría profundamente, tanto no profesional como no persoal.Ramón Area Carracedo en Editorial Canela.

Actualmente desenvolve a súa profesión nunha Unidade de Rehabilitación do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela.

Desde hai anos é membro activo da Asociación Galega de Saúde Mental da cal é o seu presidente.

Publicacións Psiquiátricas Ramón Area ten escrito numerosos artigos científicos en revistas nacionais e internacionais, sobre todo no Siso Saúde, unha publicación periódica editada pola Asociación Galega de Saude Mental.

É autor, entre outros, de libros como: Sobre las alucinaciones (2004) Psicopatoloxía do retorno (2007), en colaboración con Alexandre García Caballero, premio Ramón Piñeiro de ensaio 2006. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-7154-123-9.Ramón Area Carracedo en Dialnet. Arquitecturas da infancia (2010), en colaboración con Luis Vila Pillado. Ames: Laiovento. ISBN 9788484871798

Así mesmo, publicou moitos traballos en monografías colectivas, como: La esquizofrenia hoy (1997) Temas psiquiátricos (2002) O saber holístico: Homenaxe ao profesor Rof Carballo (2005). Vigo: Editorial Galaxia Sobre la conciencia (2006). Vigo : Asociación Galega de Saúde Mental. ISBN 84-935033-3-9 Verbas de outono (2006) Verbas de outono (2007)

Novela En decembro de 2015 presentou a súa primeira novela, Tempo de Pedra, publicada por Editorial Canela. ISBN 978-84-6084-348-1. En 2020, publicou en Edicións Positivas, Camiño negro.

Vida persoal É fillo do escritor e profesor de filosofía Ramón Area Míguez e irmán do profesor de matemáticas e xestor da Universidade de Vigo, Iván Area.

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1969 Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Psiquiatras de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades sen imaxes