Manuel Gómez Fernández, alcumado Varillas,nado en Santander en 1944, é un exfutbolista español que xogaba como extremo e interior.
Traxectoria Formou parte do Atlético de Madrid, que o cedeu durante as tempadas 1965/66 e 1966/67 ao Valladolid, de Segunda División. En xuño de 1967 reforzou xunto aos seus compañeiros Ocaña e Bernal o Racing de Ferrol para a disputa da 22ª edición do Trofeo Teresa Herrera, e marcou un gol nas semifinais contra o Deportivo da Coruña e outro na final diante do Celta de Vigo, contribuíndo así á conquista do título.
Ao seu regreso de Galicia, e a pesar do interese do Racing en quedar con el no equipo, saíu cedido ao Europa, tamén de Segunda División. Posteriormente xogou no Alcoyano e no Gimnástica de Torrelavega.
Notas
Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1944 Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CE Europa Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores da Gimnástica de Torrelavega