Josef Kaiser (orixinariamente Josip Kaiser), nado en Bač, Voivodina, o 10 de marzo de 1954, é un escultor, gravador e deseñador de moedas austríaco.
Traxectoria
Josef Kaiser fixo a súa educación secundaria na Escola de Artes Aplicadas de Split, daquela en Iugoslavia, entre 1968 e 1972. Este último ano trasladouse a Austria, onde comezou os seus estudos superiores na Universidade de Artes Aplicadas de Viena, onde se graduou en 1978, na especialidade de Escultura."Josef Kaiser". Universität für angewandte Kunst Wien - Institut für Kunst und Technologie.
En 1980 comezou o exercicio da docencia na mesma universidade,"Kaiser, Josef Mag.art.". Universität für angewandte Kunst Wien. onde ocupou diferentes cargos: profesor asociado do Instituto de Belas Artes (2000), xefe do Departamento de Debuxo de Espido (2000), decano da facultade (2004) e vicerreitor de Ensino na Universidade (2007). miniatura|238x238px|Estación do Via Crucis de Kirchberg an der Pielach (1998).
Ademais da súa produción arística como escultor, Josef Kaiser é un recoñecido deseñador e gravador de moedas. Logo dalgunha experiencia a mediados da década de 1980, o seu traballo máis popular son os anversos nacionais de Austria da serie completa de moedas en euros, desde a dun céntimo á de dous euros, que se comezaron a cuñar en 2002.Moedas deseñadas por Josef Kaiser. Numista.com
Recoñecementos Josef Kaiser acadou nomerosos premios e recoñecementos, sobre todo polo seu labor como escultor, entre eles os seguintes:
(1981) Premio da Provincia da Baixa Austria. (1982) Premio do Festival de Viena. (1985) Premio Theodor Krner. (1990) Premio ao deseño artístico da Universidade BOKU, de Viena. (1994) Premio da Fundación Karl Anton Wolf. (2002) Cruz de Honra de Austria para a Ciencia e a Arte (1ª clase).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deseñadores das moedas de euro
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados no distrito de Bačka do Sur Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Austria Categoría:Alumnos da Universidade de Artes Aplicadas de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Artes Aplicadas de Viena Categoría:Personalidades sen imaxes