Edelmiro Martínez Cerredelo, coñecido como Miro Martínez Cerredelo, nado na vila de Xinzo da Limia o 24 de febreiro de 1946, é un historiador e escritor galego.
Traxectoria Cursos estudos de bacharelato elemental en Ourense e empezou a traballar no sector servizos: na gasolineira do pai, nun restaurante ou noutros establecementos. Con 25 anos accedeu ao sector bancario (no Banco Hispano Americano); permaneceu na banca o resto da súa vida profesional, en diversas localidades da provincia de Ourense (A Pobra de Trives, Allariz, O Carballiño e Ourense). Tamén foi concelleiro en Xinzo de Limia nos últimos anos do franquismo. Logo da súa xubilación (1999) cursou estudos universitarios para anciáns na Universidade de Vigo.
A súa obra como historiador ocupouse fundamentalmente da recuperación da memoria recente da comarca da Limia. Ten publicado en revistas de etnografía, como Raigame ou Lethes, e de asociacións culturais da diáspora en Cataluña. Foi un dos promotores da festa do Esquecemento, festa de recreación histórica da invasión romana.
Obras A prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925). 2006. Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". Historia e memoria. A Limia: 1931-1953. 2008. Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". Julián Toubes (1796-1870). O correxedor que quixo desecar a lagoa. 2009. Historia de Xinzo de Limia. 2012. Grupo "Pedro González de Ulloa" de Estudos Históricos da Limia. Xinzo de Limia na Memoria. 2016. Grupo "Pedro González de Ulloa" de Estudos Históricos da Limia. Antela Fútbol Club. Centenario 1919-2019. 2019. O Entroido de Xinzo de Limia. Tradición. Respecto. Sentimento. 2021. Asociación Cultural A Pantalla. Historia Musical de Xinzo de Limia. 2021. Concello de Xinzo de Limia.
Honras En 2022 foi escollido fillo predilecto de Xinzo da Limia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas https://historiadexinzo.wordpress.com/
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Concelleiros de Xinzo de Limia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo