500 liras italianas (1958-1967)emisión ordinaria en prata "500 Lire (silver)". Numista.com"500 Lire (Caravelle - flags flying right)". Colnect.com280x280pxR/: as tres carabelas de Colón navegando cara á dereita. Marca de gravador nas ondas. Valor e marca de ceca (R) no exergo. Lenda: REPVBBLICA ITALIANAA/: busto feminino renacentista cara á esquerda, rodeado por 20 escudos. Lendas: anepigráfica. País: República Italiana. Datas: 1958-1967 (e 1968-2001 en estoxo). Ceca: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. Deseñador: P. Giampaoli (A/) e G. Veroi (R/). Metal: prata (835 milésimas). Diámetro: 29,30 mm. Peso: 11,00 g. Espesor: 2,00 mm. Canto: data e lenda REPVBBLICA ITALIANA.

A moeda circulante de 500 liras italianas foi cuñada polo Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato, a ceca pública de Roma, inicialmente en prata, entre 1958 e 1967, e despois bimetálicas desde 1982 a 2001, cando a lira italiana foi substituída polo euro.

Moedas de prata

Emisión ordinaria Entre 1958 e 1967 tivo lugar a emisión da primeira moeda italiana con valor de 500 liras, cuñada en prata de 835 milésimas."500 Lire Argento". MoneteRare.net

O anverso foi deseñado e gravado polo artista italiano Pietro Giampaoli (1898-1998). De carácter anepigráfico, reproduce un busto feminino con roupa e toucado de corte renacentista, representación alegórica de Italia, inspirado na medalla de Cecilia Gonzaga de Pisanello,"Portrait medal of Cecilia Gonzaga". The Metropolitan Museum of Art. da que toma, entre outros trazos, o vestido e a rede para o cabelo. O busto está rodeado polos escudos de armas de Xénova, Turín, Aosta, Milán, Trento, Venecia, Trieste, Udine, Boloña, Florencia, Ancona, Perugia, Roma, L'Aquila, Nápoles, Bari, Potenza, Catanzaro, Palermo e Cagliari. Baixo o busto, o apelido do gravador en letra pequena: GIAMPAOLI.

Do deseño do reverso encargouse o escultor e medallista Guido Veroi (1926-2013). Nel represéntanse as carabelas de Cristivo Colón (Pinta, Niña e Santa María) navegando cara á dereita, co valor facial e a marca de ceca no exergo e o apelido do gravador (VEROI) entre as ondas.

Aínda que a emisión desta moeda comezou en 1958, coñécese unha cuñaxe en proba de 1957, cunha tiraxe limitada a 2.200 exemplares, na que se engadiu a inscrición PROVA en letras pequenas no reverso, á esquerda da indicación do valor facial. Esta cuñaxe en proba ten as bandeiras das carabelas mal orientadas, a barlovento, con respecto ás da emisión definitiva. Estes espécimes, de extrema rareza, son moi apreciados polos coleccionistas, e no mercado numismático acadan prezos de entre os 3.000 e os 12.000 euros, en fuinción do seu estado de conservación."500 Lire Trial strike; caravelle upwind flags". Numista.com

A seguir, indícanse as tiraxes anuais desta primeira emisión ordinaria:

DataExemplares195824.240.0001959137.974.000196024.080.00019616.560.000DataExemplares19644.880.00019653.120.000196613.120.00019672.480.000

Aínda que estas moedas deixaron de cuñarse en 1967 para a súa posta en circulación, a súa produción continuou anualmente ata 2001, con tiraxes moito máis reducidas, unicamente para formar parte das presentacións anuais en estoxos destinadas ao coleccionismo numismático, que se venderon a un prezo superior ao do valor facial.

Emisións conmemorativas circulantes As moedas conmemorativas de prata responden aos mesmos parámetros métricos que a emisión ordinaria.

Centenario da Unificación Italiana

miniatura|320x320px|500 liras (1961): Unificación Italiana."500 Lire Unification Centennial". Numista.com"500 Lire (Italian Unification Centennial)". Colnect.com

Ano: 1961 Motivo: centenario da unificación Italiana: 1861-1961. Anverso: representación nacional de Italia cunha figura feminina cara á esquerda, sentada nun capitel, co brazo dereito ergueito sostendo unha póla de oliveira e cun casco no esquerdo. Gravador: Guido Veroi. Lenda: REPVBBLICA ITALIANA. Reverso: cuadriga correndo cara á esquerda, coas datas do centenario por riba e por baixo. Gravador: Guido Veroi. Lenda: 1861 / 1961 / L.500. Canto: liso coa lenda 1° CENTENARIO VNITA D'ITALIA / 1861-1961. Tiraxe: 27.120.000 exemplares.

Dante Alighieri

miniatura|320x320px|500 liras (1965): Dante Alighieri."500 Lire Dante Alighieri". Numista.com"500 Lire (700th Birth anniv. of poet Dante Alighieri)". Colnect.com

Ano: 1965. Motivo: 700 aniversario do nacemento de Dante Alighieri en 1265. Anverso: cabeza de Dante cara á esquerda, con coroa de loureiro. Deseñador: Goffredo Verginelli. Gravador: Guerrino Mattia Monassi. Lenda: REPUBBLICA ITALIANA. Reverso: lapas coroadas por nubes e raios de Sol con 10 estreliñas dentro, símbolo do Inferno, o Purgatorio e o Paraíso (os tres libros da Divina Comedia). Deseñador: Goffredo Verginelli. Gravador: Guerrino Mattia Monassi. Lenda: L.500 / 1965. Canto: liso coa lenda 7°CENTENARIO DELLA NASCITA DI DANTE. Tiraxe: 5.000.000 exemplares.

Moeda bimetálica 500 liras italianas (1982-1995)emisión ordinaria bimetálica "500 Lire (bimetalic)". Numista.com"500 Lire (bimetalic)". Colnect.com116x116px117x117pxA/: Cabeza feminina cara á esquerda. Marca de gravador debaixo. Lenda: REPVBBLICA ITALIANAR/: Piazza del Quirinale, en Roma. Marca de ceca (R) e data. Valor facial en braille na parte superior e como texto no exergo. Lendas: L. 500 País: República Italiana. Datas: 1982-2001. Ceca: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. Deseñador: Laura Cretara. Metal: broncital (centro) e acmonital (aro). Diámetro: 25,80 mm. Peso: 6,80 g. Espesor: 1,80 mm. Canto: estriado e liso alternativamente..

Emisión ordinaria En 1982, o Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato de Roma comezou a produción dunha nova moeda de 500 liras, esta vez cuñada sobre discos bimetálicos. As aliaxes utilizadas nesta moeda son moi habituais nas emisións monetarias modernas de Italia: a súa parte interior é de bronzital —92% Cu, 6% Al, 2% Ni—, entanto que o aro exterior é de acmonital —71,75 Fe, 18,25 Cr, 10% Ni—."500 Lire Bimetalliche Italiane". MoneteRare.net

O deseño da artista Laura Cretara para o anverso desta moeda ten como motivo central unha figura feminina cara á esquerda como personificación nacional de Italia, con ás emplumadas que saen das súas tempas, como símbolos da intelixencia e da liberdade.

Como motivo central do reverso figura unha vista da Piazza del Quirinale, en Roma, coa data na súa parte inferior. No aro exterior aprécianse a ambos os lados unha espiga de millo e unha póla de oliveira, en tanto que na parte superior se expresa o valor facial en braille e na inferior en números arábigos.

A seguir, indícanse as tiraxes anuais desta primeira emisión ordinaria das 500 liras bimetálicas:

DataExemplares1982162.026.0001983137.974.0001984162.000.0001985162.000.000DataExemplares1986165.000.0001987200.000.0001988142.000.0001989155.000.000DataExemplares1990130.000.0001991140.000.0001992150.000.0001995110.000.000

Aínda que a cuñaxe desta moeda para a súa posta en circulación cesou en 1995, nos anos 2000 e 2001 retomouse a produción unicamente para formar parte das presentacións anuais en estoxos destinadas ao coleccionismo numismático, que se venderon a un prezo superior ao do valor facial. As tiraxes destes dous anos foron de 71.400 e de 110.000 exemplares, respectivamente.

Emisións conmemorativas circulantes Entre os anos 1993 e 1999 emitíronse, tamén con carácter circulante, versións conmemorativas da moeda de 500 liras bimetálicas, co motivo conmemorado no centro e lendas alusivas no aro exterior. Todas estas moedas responden aos mesmos parámetros métricos que a emisión ordinaria, coa que comparten, así mesmo, o deseño do anverso.

Banco de Italia miniatura|266x266px|500 liras (1993): Centenario do Banco de Italia."500 Lire Bank of Italy Centennial". Numista.com"500 Lire (Bank of Italy)". Colnect.com

Ano: 1993. Motivo: centenario da fundación do Banco de Italia en 1883. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: no centro, monograma do Banco de Italia coas datas do aniversario a ambos os lados.Lenda: CENTENARIO DELLA BANCA D'ITALIA / 1893 / 1993 / L. 500 Gravador: Sergio Grossi. Tiraxe: 90.058.500 exemplares.

Luca Pacioli miniatura|120x120px|500 liras (1994): Luca Pacioli."500 Lire Luca Pacioli". Numista.com"500 Lire (500th ann. of mathematical textbook of L. Pacioli)". Colnect.com

Ano: 1994. Motivo: 500 aniversario da publicación de Summa de arithmetica, geometria, proportioni et proportionalita (1494), de Luca Bartolomeo de Pacioli. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: no centro, retrato de Luca Pacioli cun pobo ao fondo, e coas datas do aniversario a ambos os lados. Lendas: LVCA PACIOLI / 1494 / 1994. Gravadora: Uliana Pernazza. Tiraxe: 50.053.000 exemplares.

ISTAT miniatura|120x120px|500 liras (1996): Instituto Nacional de Estatística."500 Lire I.S.T.A.T.". Numista.com"500 Lire (National Institute of Statistics)". Colnect.com

Ano: 1996. Motivo:70 aniversario da creación do Instituto Nacional de Estatística de Italia. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: no centro, vista frontal da fachada do edificio do Instituto Italiano de Estatística, coas datas e o logotipo do aniversario debaixo. Lendas: ISTITUTO NAZIONALE DI STATISTICA / 1926 / 1996 / 70 ISTAT / L. 500 Gravadora: Claudia Momoni. Tiraxe: 96.808.000 exemplares.

Policía de Tráfico miniatura|120x120px|500 liras (1997): Policía de Tráfico."500 Lire Italian Traffic Police". Numista.com"500 Lire (50th Anniversary of National Police code)". Colnect.com

Ano: 1997. Motivo: 50 aniversario da creación da Policía de Tráfico de Italia en 1947. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: no centro un centauro arqueiro cara á esquerda inserido nun cadrado, símbolo da rama de Tráfico, e debaixo o escudo de armas da Policía Italiana, coas datas do aniversario a ambos os lados.. Lendas: L. 500 / POLICIA DI STATO / POLIZIA STRADALE / 1947 / 1997. Gravadora: Maria Carmela Colaneri. Tiraxe: 40.051.950 exemplares.

FAO - IFAD miniatura|120x120px|500 liras (1998): FAO - IFAD."500 Lire F.A.O. - IFAD". Numista.com"500 Lire (20 years IFAD)". Colnect.com

Ano: 1998. Motivo: vixésimo aniversario da creación do Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola (IFAD). Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: no centro, man aberta coa palma cara a arriba, sostendo espiga e talos de sorgo; sobre ela un Sol e unha espiga de trigo torta, formando o número 20, os anos do aniversario. Lendas: IFAD / 1978 / 1989 / L. 500 Gravadora: Luciana de Simoni. Tiraxe: 100.009.000 exemplares.

Parlamento Europeo miniatura|123x123px|500 liras (1999): Parlamento Europeo."500 Lire European Parliament Elections". Numista.com"500 Lire (20 yrs. Election of EC Parliament)". Colnect.com

Ano: 1999. Motivo: vixésimo aniversario das primeiras eleccións ao Parlamento Europeo, o 13 de xuño de 1979. Anverso: deseño da serie ordinaria. Reverso: urna na que se introducen estrelas, no canto de papeletas; debaixo unha representación esquemática dos escanos do Parlamento Europeo en forma de vela, e debaixo a bandeira da Unión Europea rodeada polas datas do aniversario. Lendas. L. 500 / 1979 / 1999 / 13 GIUGNO / ELEZIONI DEL PARLAMENTO EUROPEO. Gravadora: Luciana de Simoni. Tiraxe: 50.008.500 exemplares.

Emisións da República de San Marino Antes da asunción do euro, a República de San Marino tivo como unidade monetaria oficial a liga sanmarinesa, cun valor fixo ligado ao da lira Italiana. En virtude dunha convención monetaria asinada por ambos os países o 10 de tetembro de 1971 e logo convertida en lei, o Istituto Poligráfico e Zecca dello Stato cuñou modelos propios para San Marino, coas mesmas características métricas que as da moeda italiana."§ 94.1.470 - Legge 13 dicembre 1972, n. 816". http://www.edizionieuropee.it

Existen 20 modelos diferentes das moedas de 500 liras cuñadas para San Marino, emitidas anualmente de xeito ininterrompido desde 1982 ata 2001."500 lire bimetallic". Numista.com

Notas