José Casal Fernández, nado en Vilaboa o 24 de agosto de 1906 e finado o 18 de decembro de 1984, foi un carpinteiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria Carpinteiro de ribeira, dirixente das mocidades socialistas de San Adrián e directivo da Sociedad de Agricultores e da Sociedad de Obreros de Construción Naval, afecta á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obrigado a presentarse no cuartel da Garda Civil de Moaña. Detido o 8 de setembro de 1936 foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co seu irmán Belarmino e o seu curmán Rogelio Calvar Casal, foron condenados a cadea perpetua. Preso primeiro na illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona), onde permaneceu ata setembro de 1940, cando saíu en liberdade provisional. Deixou un diario manuscrito do seu paso por San Simón e Pamplona.Diario de José Casal
Vida persoal Casou con Casilda Rosendo, e foi pai de Democracia Casal Rosendo, que en 1936 foi bautizada como Lucrecia Casal Rosendo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilaboa
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros