Lucía Catoira Pan, nada en Cambre en 1984, é unha directora de fotografía galega que recibiu catro premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual.

Traxectoria Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e especializouse en fotografía cinematográfica pola ESCAC.

Traballou en diversos proxectos como directora de fotografía e recibiu tres premios Mestre Mateo á Mellor Dirección de Fotografía da Academia Galega do Audiovisual, sendo a primeira muller en conseguilo. En 2018 foi galardoada polo seu traballo no filme Dhogs, acadou o segundo premio Mestre Mateo co filme Trote e o terceiro polo filme ¿Qué hicimos mal?, de Liliana Torres.

Obra

2023: Matria, fotografía da longametraxe de Álvaro Gago. 2018: Dhogs, directora de fotografía da longametraxe de Andrés Goteira. 2015: Islas, fotografía do documental de Adriana F. Castellanos. 2014: Unary, directora de fotografía da curtametraxe de Luís Avilés. 2011: Anacos, directora de fotografía da curtametraxe de Xacio Baño. 2010: Esteroscopía, fotografía da curtametraxe de Xacio Baño.

Vai recibir o Premio Chano Piñeiro do Ourense Film Festival ao talento e o emprendemento audiovisual.

Notas

Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1984 Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes