Cynthia Erivo, nada en Stockwell o 8 de xaneiro de 1987, é unha actriz, cantante e compositora inglesa.
Traxectoria Erivo naceu de pais nixerianos en Stockwell, no sur de Londres. A súa nai é enfermeira. Erivo comezou un grao en psicoloxía musical na University of East London; con todo, tralo primeiro ano da carreira, presentouse e posteriormente formouse na Real Academia de Arte Dramática.
Erivo comezou a actuar nunha produción teatral de 2011 de The Umbrellas of Cherbourg. Obtivo recoñecemento por protagonizar a reestrea en Broadway de The Color Purple de 2015 a 2017, polo que gañou o premio Tony de 2016 á mellor actriz nun musical e o premio Grammy ao mellor álbum de teatro musical. Erivo aventurouse no cinema en 2018, interpretando papeis no filme de atracos Widows e no suspense Bad Times at the El Royale. Pola súa interpretación da abolicionista estadounidense Harriet Tubman no filme biográfico Harriet (2019), Erivo recibiu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz; tamén escribiu e interpretou a canción "Stand Up" na súa banda sonora, o que lle valeu unha candidatura tamén na categoría de mellor canción.
Na televisión, Erivo tivo o seu primeiro papel na serie británica Chewing Gum (2015). Protagonizou a miniserie criminal The Outsider (2020) e recibiu unha candidatura aos premios Emmy pola súa interpretación da cantante estadounidense Aretha Franklin na serie antolóxica de National Geographic Genius: Aretha (2021).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Lambeth Categoría:Nados en 1987 Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Ingleses de ascendencia nixeriana