BKA ou BKA 2, antes coñecido como BelKa 2, é un satélite artificial belaruso lanzado o 22 de xullo de 2012 mediante un foguete Soiuz FG Fregat desde o cosmódromo de Baikonur.

Características BKA é un satélite de observación terrestre que sustitúe ao satélite BelKa 1, perdido debido a un fallo no lanzamento, e polo que ás veces se coñece como BKA 2. É practicamente unha copia dos satélites rusos Kanopus-V e ten unha resolución de 2,1 m, con catro canais espectrais, e usado para o estudo e observación de recursos para o país. O satélite ten unha masa de 473 kg.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz FG Fregat Kanopus-V

Categoría:Satélites artificiais