Elliott Coues, nado o 9 de setembro de 1842 en Portsmouth, Nova Hampshire, e finado o 25 de decembro de 1899 en Baltimore, Maryland, foi un cirurxián do exército estadounidense, historiador e ornitólogo.

Traxectoria Elliott Coues graduouse na Universidade de Columbia de Washington, D.C. en 1861, e na Escola Médica desa institución en 1863.

Serviu como cadete médico en Washington entre 1862 e 1863 e, en 1864, foi designado cirurxián-asistente no exército regular. En 1872 publicou o seu Key to North American Birds, (Clave para as aves norteamericanas), a cal, revisada e reescrita en 1884 e 1901, fixo moito para promover o estudo sistemático da ornitoloxía nos Estados Unidos. Seu traballo contribuíu ao establecemento dos estándares actualmente aceptados de nomenclatura trinomial de subespecies en ornitoloxía e, posteriormente, en toda a zooloxía.

Entre 1873 e 1876 Coues foi asignado como cirurxián e naturalista á Comisión da Fronteira Norte dos Estados Unidos e, entre 1876 e 1880 foi secretario e naturalista do Levantamento Xeográfico e Xeolóxico dos Territorios dos Estados Unidos, do cal editou a súa publicación.

Foi conferenciante sobre anatomía na Escola Médica da Universidade de Columbia entre 1877 e 1882, e profesor de anatomía alí entre 1882 e 1887.

Coues foi un bibliógrafo coidadoso e, no seu traballo sobre os Birds of the Colorado Valley (Aves do Val do Colorado), incluíu unha sección especial sobre as andoriñas e intentou resolver se migraban en inverno o hibernaban baixo os lagos como se cría naquel tempo.

Abreviatura A abreviatura Coues emprégase pare recoñecer a Elliott Coues como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ornitólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Profesores da Universidade de Columbia Categoría:Nados en Nova Hampshire Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1899