A Champions Hockey League é un torneo europeo de hóckey sobre xeo. Na tempada 2014–15 celebou a súa tempada inicial, na que participaron 26 equipos de seis ligas e a Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (IIHF), e conta cos mellores equipos das ligas de primeiro nivel de Europa.

Dende a súa creación, os equipos suecos teñen dominado a competición, gañando en seis das sete edicións disputadas ata 2022, e habendo un equipo do país nórdico en todas as finais disputadas ata a data.

Antecedentes A IIHF lanzo un torneo do mesmo nome en 2008 para coincidir co 100º aniversario da federación. A única edición do torneo disputouse entre o 8 de outubro de 2008 e o 28 de xaneiro de 2009, resultando vencedor o ZSC Lions de Zürich (Suíza), que como resultado pasou a xogar a Victoria Cup 2009. A IIHF planeou lanzar outra tempada, mais finalmente viuse forzada a cancelar o torneo a causa dos problemas para atopar patrocinadores durante a crise económica global concurrente e a flalta de acordo respecto do formato do torneo. O 9 de decembro de 2013, a IIHF e un grupo de 26 clubs de seis países lanzaron un novo torneo co memo nome, nacido do European Trophy, comezando a partir da tempada 2014–15.

Edicións Tempada Equipos Partidos Asistencia media Campión Finalista Semifinalistas MVP 2014–15 44 161 3 049 Luleå HF Frölunda HC Kärpät, Skellefteå AIK Mathis Olimb (Frölunda) 2015–16 48 157 3 261 Frölunda HC Oulun Kärpät HC Davos, Lukko Ryan Lasch (Frölunda) 2016–17 48 157 3 240 Frölunda HC HC Sparta Praha HC Fribourg-Gottéron, Växjö Lakers Joel Lundqvist (Frölunda) 2017–18 32 125 3 369 JYP Växjö Lakers HC Oceláři Třinec, HC Bílí Tygři Liberec Šimon Hrubec (Oceláři Třinec) 2018–19 32 125 3 400 Frölunda HC EHC Red Bull München HC Plzeň, EC Red Bull Salzburg Trevor Parkes (Red Bull Münche) 2019–20 32 125 3 446 Frölunda HC Mountfield HK Djurgårdens IF, Luleå HF Ryan Lasch (Frölunda) 2020–21Cancelada a causa da pandemia de COVID-19 2021–22 32 123 1 988 Rögle BK Tappara Frölunda HC, EHC Red Bull München Frederik Tiffels (Red Bull München) 2022–23 32 125 2 841 Tappara Luleå HF EV Zug, Frölunda HC Christian Heljanko

Algúns partidos tiveron restricións na capacidade dos estadios debido á pandemia de COVID-19.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Champions Hockey League