Arius é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos siluriformes que é o tipo da familia dos aríidos e da subfamilia dos ariinos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1840 polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes.Arius Valenciennes, 1840 no WoRMS. Consultado o 4 de agosto de 2022.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Arias (erro ortográfico) Ariodes Müller & Troschel, 1849 Arium (erro ortográfico) Pseudarius Bleeker, 1862

Nota taxonómica Definir os límites do xénero Arius de forma natural foi sempre un problema. O xénero nunca se definiu adecuadamente, e moitas das especies que foron clasificadas anteriormente como Arius encóntranse agora asignadas a outros xéneros. Ultimamente algúns autores definírono como non monofilético, rexeitando que o xénero constitúa un grupo natural de especies. Outros grupos próximos distínguense pola presenza de placas dentais adicionais que son, ou ben máis alongadas e parecen relacionadas cos dentes molares, ou ben son ovaladas ou subtriangulares, estando relacionadas con dentes cónicos ou aciculares.

Especies No xénero na actualidade recoñécense as seguintes especies:

Arius acutirostris Day, 1877 Arius africanus Günther, 1867 Arius arenarius (Müller & Troschel, 1849) Arius arius (Hamilton, 1822) Arius cous Hyrtl, 1859 Arius dispar Herre, 1926 Aruis gagora (Hamilton, 1822) Arius gigas Boulenger, 1911 Arius jella Day, 1877 Arius leptonotacanthus Bleeker, 1849 Arius maculatus (Thunberg, 1792) Arius madagascariensis Vaillant, 1894 Arius malabaricus Day, 1877 Arius manillensis Valenciennes, 1840 Arius microcephalus Bleeker, 1855 Arius oetik Bleeker, 1846 Arius subrostratus Valenciennes, 1840 Arius sumatranus (Anonymous [Bennett], 1830) Arius venosus Valenciennes, 1840

Distribución As especies deste xénero encóntranse repartidas nas augas salobres e doces do leste de África e o sur e o sueste asiático.

Carcaterísticas Estes peixes teñen tres pares de barbas. A base da aleta adiposa é moderadamente longa, ao redor da metade da lonxitude da base da aleta anal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World (4ª ed.) Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.

Outros artigos Siluriformes Aríidos

Categoría:Siluriformes