A Universidade de Coímbra (UC) é unha universidade pública de investigación en Coímbra, Portugal. Establecida por primeira vez en Lisboa en 1290, cambiou de sede varias veces até ficar definitivamente en Coímbra en 1537. Está entre as universidades máis antigas en funcionamento continuo do mundo, a máis antiga de Portugal, e tivo un papel influente no desenvolvemento da educación superior na Lusofonía. En 2013, a UNESCO declarou a universidade Patrimonio da Humanidade, sinalando a súa arquitectura, cultura e tradicións únicas e o seu papel histórico.

A universidade contemporánea está organizada en oito facultades, que outorgan títulos de licenciado, mestre (máster) e doutor. Dá nome ao Grupo Coimbra de universidades europeas fundado en 1985, do que foi membro fundador. Con máis de 20.000 estudantes matriculados, máis do 15% internacionais, é unha das universidades máis cosmopolitas de Portugal.

Entre os antigos alumnos de Coímbra ao longo dos séculos figuran o poeta nacional portugués Luís de Camões, o matemático Pedro Nunes, moitos estadistas, primeiros ministros e presidentes de Portugal e o premio Nobel António Egaz Moniz.

Historia Idade Media ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f0/Dinis-P.jpg/220px-Dinis-P.jpg|esquerda|miniatura| O rei Dinís I de Portugal ratificou o Studium Generale en Portugal en 1290. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/25/DinisI-UniCoimbra.jpg/220px-DinisI-UniCoimbra.jpg|esquerda|miniatura|220x220px|Estatua de Don Dinís, en Coímbra. A universidade foi fundada en 1290 polo rei D. Dinís, comezando a súa existencia en Lisboa co nome de Studium Generale (Estudo Geral). Scientiae thesaurus mirabilis, a carta real que ratificaba a institución da universidade estaba datada o 1 de marzo dese ano. Tíñanse feito esforzos polo menos desde 1288 para crear esta primeira universidade en Portugal, a segunda máis antiga na Península Ibérica. A confirmación do Papa Nicolao IV tamén se deu en 1290 (o 9 de agosto); de acordo coa Bula poderían establecerse todas as Facultades "lícitas", agás a de Teoloxía. As Facultades de Letras, Dereito, Dereito Canónico e Medicina foron as primeiras en crearse. Porén, non permaneceu moito tempo en Lisboa. En 1308, probabelmente por problemas de emancipación da Igrexa (as relacións entre esta e o poder político eran algo tensas na época) e conflitos entre os habitantes da cidade e os estudantes, a universidade trasladouse a Coímbra. Esta vila xa contaba con tradición na educación, sendo sede do colexio do Mosteiro de Santa Cruz. A universidade estableceuse entón no lugar coñecido como "Estudos Velhos", que corresponde grosso modo á zona onde hoxe se atopa a Biblioteca Principal.

En 1338, durante o reinado de Afonso IV, foi trasladada de novo a Lisboa, de onde volveu en 1354, esta vez ao centro da cidade, daquela en expansión. En 1377, durante o reinado do rei Fernando, foi trasladada de novo a Lisboa, onde permaneceu durante un século e medio. A autorización para unha Facultade de Teoloxía probabelmente data deste período, arredor de 1380.

Sede definitiva. Idade Moderna e Contemporánea En 1537, durante o reinado de Xoán III, a universidade trasladouse definitivamente a Coímbra, onde se instalou no Palacio de Alcaçova, despois adquirido á Familia Real en 1597.

A institución universitaria, incluíndo todos os libros da súa biblioteca, trasladouse de Lisboa a Coímbra. Aos profesores non se lles garantiu un posto no novo local e moitos non se desprazaron; de feito, a maior parte do novo profesorado estivo anteriormente na Universidade de Salamanca. Na súa maior parte, o currículo mantívose. Ao mesmo tempo, creáronse colexios universitarios (suprimidos no s. XIX), acometeuse unha reestruturación dos currículos e admitíronse novos profesores, portugueses e estranxeiros.

ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Joao_iii_REI.jpg/220px-Joao_iii_REI.jpg|dereita|miniatura| O rei Xoán III de Portugal fixo de Coímbra a sede definitiva da universidade. No século XVIII, o marqués de Pombal, ministro do reino, realizou reformas na universidade, sobre todo no que respecta ao ensino das ciencias, de acordo co seu credo ilustrado e anticlerical. Durante moitas décadas foi a única universidade de Portugal, desde a súa fundación en 1290 até 1559 (unha universidade en Évora funcionou entre 1559 e 1759), e de novo entre 1759 e 1911 (en 1911 creáronse a Universidade de Lisboa e a Universidade de Porto).

Século XX e XXI A longa historia e o predominio pasado da Universidade de Coímbra fixeron dela un importante foco de influencia en Portugal, non só educativa, senón tamén política e social. Os primeiros pasos cara a certa converxencia dos sistemas europeos de educación superior déronse coa sinatura da declaración da Sorbona polos ministros encargados da educación superior de Francia, Italia, Reino Unido e Alemaña, en 1998, e posteriormente, en 1999, coa sinatura da declaración de Boloña. O proceso de Boloña, destinado a crear un Espazo Europeo de Educación Superior mediante a implementación dunha estrutura de títulos comparables, estándares comúns de garantía de calidade e promovendo a mobilidade de estudantes e profesores, supuxo unha revolución no ensino europeo. A globalización, o cambio tecnolóxico e o aumento da competencia internacional pola man de obra altamente cualificada destacaron a importancia de facer que as institucións europeas de educación superior sexan atractivas en todo o mundo. O proceso recibiu críticas referentes á idea de que as reformas pretenden unha progresiva política de mercantilización do mundo universitario"Golpe de Estado en la Academia" artigo en Público. A Universidade de Coímbra decidiu aprazar a adopción do novo modelo do Proceso de Boloña de 2006 a 2007/2008 (con excepcións autorizadas para algúns programas nos que se acadara un consenso nacional para o cambio entre as institucións) transición mantendo os máis altos estándares de calidade e integridade académica. Só no curso 2008/2009 toda a universidade adoptou plenamente os novos programas dentro das súas 8 facultades.

Organización O seu goberno está asegurado polo reitor, o Claustro e a Asemblea Universitaria, último responsable da elección do Reitor e do Claustro. Corresponde ao reitor a principal responsabilidade da dirección estratéxica e da administración xeral da universidade, xunto co Claustro e asistido polo Consello de Administración.

A universidade está dividida en oito facultades diferentes (Letras, Dereito, Medicina, Ciencias e Tecnoloxía, Farmacia, Economía, Psicoloxía e Ciencias da Educación e Ciencias do Deporte e Educación Física), que inclúen preto de 25.000 estudantes. A Facultade de Ciencias e Tecnoloxía (FCTUC) é a maior en número de profesores e estudantes, outorga o maior número de títulos académicos e xestiona máis aulas e unidades de investigación que calquera outra da UC. Tanto o Instituto Nacional de Medicina Legal, unha organización baixo a supervisión directa do Ministerio de Xustiza portugués, que presta servizos de ciencia forense ás forzas policiais e axencias gobernamentais de Portugal, como os HUC (Hospitais da Universidade de Coimbra), un hospital universitario coñecido como centro de investigación cunha ampla gama de servizos clínicos e especialidades médicas, son xestionados pola Facultade de Medicina (FMUC). ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Coimbra_November_2012-7.jpg/220px-Coimbra_November_2012-7.jpg|esquerda|miniatura| Biblioteca Joanina. A universidade alberga unha enorme biblioteca central, xardíns botánicos, estadios e outras instalacións deportivas, un observatorio astronómico, unha editorial, unha capela, un teatro (Teatro Gil Vicente), e moitas instalacións de apoio como comedores e salas de estudo. Ademais, a universidade xestiona varios museos e outras organizacións culturais, incluíndo un museo científico, un de arte sacra e un museo académico. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5f/Pa%C3%A7os_das_Escolas_-_Mosaico.jpg/220px-Pa%C3%A7os_das_Escolas_-_Mosaico.jpg|dereita|miniatura| Un mosaico do selo da universidade diante da porta principal. A universidade ten cinco campus principais ou outros sitios:

Pólo I (o monumental núcleo universitario antigo, cos principais servizos de biblioteca e administración, así como facultades de dereito, medicina, letras, psicoloxía e ciencias naturais, activo desde os primeiros tempos universitarios antes do século XVI, con grandes expansións no século XVIII e dende os anos 40 até os 60, durante o Estado Novo) Pólo II (enxeñaría, ciencias e tecnoloxía - construído durante as décadas de 1990 e 2000) Pólo III (medicina, farmacia e hospital universitario - construído na década de 1980 con grandes expansións na década de 2000) Faculdade de Economía (Economía, Ciencias Sociais – fundada nos anos 70) Faculdade de Ciências do Desporto e Educação <i>Física</i>

Estudantes ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a3/Coimbra_University_robes_burian_5588.jpg/220px-Coimbra_University_robes_burian_5588.jpg|miniatura| Universidade de Coímbra, estudantes en bata para a primeira semana de clases (2019) Os estudantes están representados polo sindicato de estudantes Associação Académica de Coimbra (AAC). Constituído o 3 de novembro de 1887, é o sindicato universitario máis antigo de Portugal, cunha longa historia de loita contra as políticas estatais impopulares, formando no camiño a destacados políticos e intelectuais. Tamén alberga unha vida asociativa dinámica, con numerosas seccións deportivas e culturais, e outros organismos autónomos. A AAC desenvolve actividades como teatro, cine, emisión de radio e televisión, música, canto coral, xornalismo, filatelia, remo, atletismo e moitos outros deportes. Todo estudante, e ocasionalmente algúns non estudantes, teñen dereito a pertencer a estas seccións.

Cultura, deportes e tradicións As tradicións e institucións académicas da universidade colorean a vida da cidade. As antigas "Repúblicas" (residencias autónomas de estudantes) permanecen, así como algunhas festas tradicionais, entre as que destaca a Queima das Fitas (unha festa de fin de graduación, simbolizada pola queima das cintas coas cores de cada unha das oito). facultades), a Festa das Latas, o uso frecuente da vestimenta tradicional, o Fado de Coimbra (que agora se canta en espectáculos organizados máis que nas tradicionais serenatas de rúa), e as cerimonias académicas, como a concesión de títulos de doutoramento. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a3/Coimbra_Queima_das_Fitas.jpg/220px-Coimbra_Queima_das_Fitas.jpg|dereita|miniatura| Desfile da Queima das Fitas da universidade. As cores oficiais das Facultades da Universidade de Coímbra son:

Facultade de Dereito : Vermella Facultade de Medicina : Amarela Facultade de Humanidades : Azul escuro Facultade de Ciencias e Tecnoloxía : Azul Claro Facultade de Farmacia : Púrpura Facultade de Ciencias Económicas : Vermello e Branco Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación : Laranxa Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física : Marrón

Estas cores empréganse no selo institucional e outros símbolos de cada facultade, nos actos universitarios de entrega dos títulos de doutoramento, e tamén son empregadas polos estudantes nos seus lazos relacionados coas tradicións académicas (véxase Queima das Fitas). A cor do selo universitario e da Reitoría, que representa a toda a institución no seu conxunto, é verde escuro. A bandeira da Universidade de Coímbra (bandeira branca co selo verde escuro no medio) érguese sempre, enriba da antiga torre da universidade, o 1 de marzo, día da universidade, sendo ocasión durante unha semana de debates, conferencias, obradoiros e eventos especiais relacionados con múltiples aspectos da institución.