Franco a péde Carlos V de Francia (1364-1380)260x260pxCarlos en pé de fronte, sostendo espada, baixo arco gótico. Arredor, lenda KAROLVS x DI x GR FRANCOR x REX. Marca de ceca: R (La Rochelle).Cruz con trevos nos extremos; flores de lis e coroas nos cuartos. Lenda XPC* VINCIT x XRC REGNAT XRC* IMPERATFranc à pied. Carlos V. 1365.
O franco a pé (en francés: franc à pied) foi unha moeda de ouro medieval francesa, introducida por Carlos V na segunda metade do século XIV."Franc à pied". En Frey, A. R. (1916). Páxina 88. "Franc à pied ". En Martinori, E. (1915). Páxina 173.
Historia Logo do éxito do primeiro franco de ouro, chamado franc à cheval ("franco a cabalo"), cuñado baixo o reinado de Xoán II (1350-1364), o seu fillo e sucesor, Carlos V (1364-1380), emitiu tamén o seu propio franco de ouro en 1365.Gildas Salaün (2016). "Le franc à pied de Charles V". En Monnaie magazine. Maio. Páxinas 38-40.
Este franco de ouro, coñecido como franc à pied, creouse o 22 de abril 1365, cun peso teórico de 3,82 gramos de ouro fino (64 pezas por marco); é dicir, algo máis lixeira ca a do seu antecesor, que pesaba 3,88 gramos de ouro fino (63 pezas por marco).Belaubre, J. (1996).
Ambos os dous tipos de francos de ouro foron amplamente imitados polos mandatarios de territorios veciños, sinaladamente na Provenza e nos Países Baixos.
Caracterización
Anverso: Carlos (1364-1380) coroado e con espada e "man da xustiza", baixo un arco gótico flanqueado por flores de lis. Arredor, a lenda KAROLVS x DI x GR FRANCOR x REX ("Carlos, pola graza de Deus, rei dos francos")."Franc à pied de Charles V et Charles VI". Musée Départemental Breton. Reverso: Cruz ornamentada cun cuadrilóbulo no centro, cantonada con coroas e flores de lis, e con trevos nos extremos .Arredor, a lenda XPC* VINCIT x XRC REGNAT XRC* IMPERAT ("Cristo vence, Cristo reina, Cristo manda").
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Belaubre, J. (1996). Dictionaire de Numismatique mediévale occidentale. Leopard d'Or, París. ISBN 2-86377-121-3.
Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50. Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale. Istituto italiano di numismatica, Roma.
Véxase tamén
Franco a cabalo Franco francés
Categoría:Franco (moeda) Categoría:Moedas de Francia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas da Idade Media Categoría:Moedas fóra de curso