Santo Estevo (até 2026, O Santo Estevo) é un lugar da parroquia de Santo Estevo de Rececende no concello lugués da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 33 habitantes (15 homes e 18 mulleres).
Toponimia Santo Estevo (< Sanctu Stephanu) foi o primeiro mártir de veneración universal. O seu culto debeu difundirse no noroeste peninsular a partir de Braga, a onde chegara no século V unha parte das súas reliquias.
En Galicia, a advocación de Santo Estevo ocupa o undécimo lugar por orde de frecuencias con 106 parroquias, e en dez como haxiotopónimo. A devoción ao santo está atestada en Galicia desde comezos do século X.
Lugares e parroquias Lugares de Santo Estevo de Rececende
Parroquias da Pontenova
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pontenova
Categoría:Lugares da Pontenova Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía