Betty Wright Harris, nada en Monroe o 29 de xullo de 1940, é unha química estadounidense.

Traxectoria Betty Harris naceu en Luisiana e creceu rodeada da natureza. Optou polos estudos científicos, e formouse como química.

En 1975, despois do doutoramento, traballou no Laboratorio Nacional de Los Álamos, onde permaneceu 20 anos. Investigou como detectar explosivos, e como reparar o impacto que causan no medio ambiente.

Esta investigadora é unha dos poucos científicos afroamericanos distinguidos pola Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas American Chemical Society and National Organization for the Professional Advancement of Black Chemists and Chemical Engineers video of "Five black chemists who changed the world" Betty W. Harris biography Featured Inventors: Dr. Betty Harris Betty Wright Harris Meet Dr Betty Wright Harris, inventor of test that detects explosives

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Monroe, Luisiana Categoría:Nados en 1940