ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Valedictorian%27s_speech.jpg/220px-Valedictorian%27s_speech.jpg|miniatura| Valedictorian falando, en 2005
Valedictorian é unha cualificación académica outorgada nos sistemas escolares dos Estados Unidos, Filipinas, Canadá e Exipto, e nalgúns sitios en Centroamérica, ao estudante que pronuncia o discurso de clausura na cerimonia de graduación. O termo é unha anglicización do termo latino vale dicere ("despedirse").
Función O discurso de despedida é xeralmente considerado o último adeus dos compañeiros, antes de que estes se dispersen e cada un continúe o seu camiño despois da graduación. Normalmente este título outórgase ao mellor titulado de cada posgrao ou de cada grao.
Noutras tradicións O seu equivalente en Australia, Islandia, Nova Zelandia, Escocia e Suráfrica é dux, en Francia é Major de promotion e en Alemaña Primus Omnium.
Selección O valedictorian escollido é tradicionalmente o estudante con máis alta clasificación académica entre a súa clase de graduación, e esa posición normalmente determínase mediante unha fórmula numérica para a Grade Point Average (GPA), pero tamén se utilizan outros métodos de selección.
Polémica A concesión da honra ten sido obxecto de controversia. Moitas veces, as diferenzas que separan os alumnos son pequenas, e hai acusacións de aproveitarse das regras dun xeito inxusto, como tomar cursos fáciles para obter créditos adicionais.
Algunhas escolas abandonaron a honra ou cambiaron as regras para permitir varios destinatarios. Á súa vez, estes cambios levaron a queixas de que é inxusto cambiar as regras despois de comezar unha competición. O Departamento de Educación de Nova Jersey, por exemplo, requiriu que as escolas fixesen cambios na política de premios de graduación efectiva só para a clase de novo ingreso, non para os estudantes xa matriculados.En Hornstine v. Township of Moorestown, un xuíz do Tribunal de Distrito impediu que o Superintendente de Escolas de Moorestown, Nova Jersey, cambiase retroactivamente a política da escola para negarlle as honras exclusivas a un estudante con discapacidade. Véxase http://lawlibrary.rutgers.edu/fed/html/ca03-1953-1.html (en inglés)
Un estudo afirmou demostrar que os valedictorians non tiñan máis probabilidades de sobresaír a escala global que outros estudantes.
Notas
Véxase tamén
Salutatorian
Categoría:Ensino secundario Categoría:Ensino superior