miniatura|Vista das instalacións. A Cidade Deportiva Afouteza é un complexo deportivo do Real Club Celta de Vigo situado na parroquia de Cela, no concello de Mos. Foi inaugurada 28 de novembro de 2020. O nome vén do lema "Afouteza e corazón", un dos slogans máis célebres da entidade e que forma parte do seu himno. En agosto de 2020 o Celta realizou unha enquisa entre os seus socios para escoller o nome da nova cidade deportiva, que viña substituír as Instalacións Deportivas da Madroa e do Campo Municipal de Barreiro. Finalmente, entre 3500 propostas recibidas, escolleuse o nome de Afouteza.
Instalacións Desde novembro de 2021 as instalacións atópanse na Fase 1 do proxecto. Edificado polo Grupo San José, consta de 59 901 m² de parcela, 4878 m² de superficie construída e 29 500 m² de superficie urbanizada. Dispón de tres campos de céspede natural e dun edificio principal que alberga almacéns, cuartos de instalacións, ximnasio, oficinas, sala de prensa e vestiarios.
Notas
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Instalacións Deportivas da Madroa Campo Municipal de Barreiro Galicia Sports 360
Categoría:Mos Categoría:Celta de Vigo