Eduardo Germán Coudet, nado en Buenos Aires o 12 de setembro de 1974, é un adestrador e exfutbolista arxentino, coñecido popularmente coma Chacho Coudet. Desde 2020 e ata 2022 foi o adestrador do Real Club Celta de Vigo.
Traxectoria
Coma xogador debutou o 23 de outubro de 1993 no Platense. A súa posición é a de interior dereito. Posteriormente militou noutros equipos arxentinos coma San Lorenzo, River Plate, Colón e, sobre todo, Rosario Central. Fóra da Arxentina, Coudet xogou no Celta de Vigo, nos equipos mexicanos Necaxa e San Luis, e nos Philadelphia Union, equipo onde se retirou coma xogador profesional en 2011.
Con River Plate gañou a maioría dos títulos coma xogador: o Torneo Apertura de 1999 e os Torneo Clausura de 2000, 2002 e 2004. Tamén proclamouse gañador da Conmebol con Rosario.
Coma adestrador, debutou con Rosario Central en 2015.
Como xogador ClubPaísAnoPlatense1993-1995Rosario Central1995-1998San Lorenzo1998-1999River Plate1999-2002Celta de Vigo2002River Plate2003-2004Rosario Central2004San Lorenzo2005Rosario Central2006San Luis2007-2008Necaxa2009San Luis2009-2010Colón2010Philadelphia Union2010Fort Lauderdale Strikers2011
Como adestrador ClubPaísAnoRosario Central2015-2017Tijuana2017Racing Club2017-2019SC Internacional2020Celta de Vigo2020-2022
Notas
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Platense Categoría:Xogadores do CA Rosario Central Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do San Luis FC Categoría:Xogadores do Club Necaxa Categoría:Xogadores do Philadelphia Union Categoría:Xogadores do CA Colón de Santa Fe Categoría:Xogadores do Fort Lauderdale Strikers Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA Rosario Central Categoría:Adestradores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Adestradores do Sport Club Internacional Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Clube Atlético Mineiro Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés