Cornelis George Boeree (Badhoevedorp, Ámsterdam, Países Baixos, 15 de xaneiro de 1952 - Shippensburg, Pensilvania, Estados Unidos, 5 de xaneiro de 2021​) foi un psicólogo neerlandés, naturalizado estadounidense, e profesor emérito na Universidade de Shippensburg, especializado na teoría da personalidade e a historia da psicoloxía.

Biografía Recibiu o seu doutoramento en 1980 da Universidade estatal de OklahomaSocial Psychology Network.​ É o autor dos primeiros textos sobre psicoloxía en Internethttp://webspace.ship.edu/cgboer/onlinetexts.html,​ os cales están dispoñibles gratuitamente desde 1997. Foron traducidos ao alemánhttp://www.social-psychology.de/do/PT_intro.pdf,​ o españolBoeree, C. G. and Gautier Roques, R. E. (translator) (2005). Teorías de la Personalidad. Santo Domingo, Dominican Republic: Universidad Iberoamericana.,​ e o búlgarohttp://moradabg.com/perscontents_bg.htm..

Tamén é o inventor do idioma auxiliar lingua franca nova, aparecido en Internet en 1998.

En 1956 mudouse coa súa familia a Long Island, Nova York. En 1972 casou con Judy Kovarik, con quen tivo tres fillas.

Morreu o 5 de xaneiro de 2021 dun cancro de páncreas na súa casa en Pensilvania.

Notas

Categoría:Lingua franca nova Categoría:Psicólogos dos Países Baixos Categoría:finados por cancro de páncreas Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2021