Sara Seager, nada en Toronto o 21 de xullo de 1971, é unha astrónoma e científica planetaria canadense. É profesora do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e é coñecida polo seu traballo sobre os planetas extrasolares e as súas atmosferas. É autora de dous libros de texto sobre estes temas, e foi recoñecida polas súas investigacións por Popular Science, Discover Magazine, Nature, e TIME Magazine. Seager recibiu unha bolsa MacArthur en 2013 polo seu traballo teórico sobre a detección de sinais químicos en atmosferas de exoplanetas e o desenvolvemento de observatorios de baixo custo para a observación de tránsitos planetarios.

Traxectoria Seager é de orixe xudía, o seu pai, David Seager, foi un pioneiro e un dos líderes mundiais no transplante capilar, fundando o Toronto Hair Transplant Center.Mirror Earth: The Search for Our Planet's Twin - Michael D. Lemonick - Google Books Ela obtivo unha licenciatura en Matemáticas e Física pola Universidade de Toronto en 1994, cunha bolsa do NSERC University Student Research Award, e un doutoramento en astronomía pola Universidade de Harvard en 1999. Na súa tese de doutoramento desenvolveu modelos teóricos de atmosferas en planetas extrasolares baixo a supervisión de Dimitar Sasselov.

Ingresou no Massachusetts Institute of Technology en xaneiro de 2007 como profesor asociado en Física e Ciencias Planetarias; foi titular en xullo de 2007, e foi elevada a profesora titular en xullo de 2010.

Investigación A NASA referiuse a ela como "unha Indiana Jones astronómica". Sara Seager utilizou o termo "anana gasosa" para un planeta de gran masa tipo super-Terra composto principalmente por hidróxeno e helio nunha animación dun modelo do exoplaneta Gliese 581c. O termo "anana gasosa" tamén se utilizou para referirse a planetas máis pequenos que os planetas xigantes gasosos, con atmosferas densas de hidróxeno e helio.

En 2013, propuso unha versión paralela á ecuación de Drake para estimar o número de planetas potencialmente habitables na nosa galaxia.

Premios e recoñecementos Seager recibiu en 2012 o Premio Sackler polo seu traballo "análise de atmosferas e composicións internas de planetas extrasolares", o Premio Helen B. Warner en Astronomía da Sociedade Astronómica Americana en 2007 por desenvolver "técnicas fundamentais para comprender, analizar e atopar as atmosferas dos planetas extrasolares, e o Premio Harvard Bok de Astronomía de 2004.

En 2012, foi nomeada Fellow da American Association for the Advancement of Science e en 2013 foi elixida Fellow da Royal Astronomical Society of Canada. En setembro de 2013, recibiu unha bolsa MacArthur.Sara Seager — MacArthur Foundation Foi elixida para a American Philosophical Society en 2018.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía na exposición Astrónomas

Categoría:Nados en Toronto Categoría:Científicos do Canadá Categoría:Nados en 1971