Lithognathus mormyrus é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos perciformes que pertence á familia dos espáridos. Russell, B., Carpenter, K.E., Pollard, D., Mann, B.Q. & Buxton, C.D. (2014) Lithognathus mormyrus; The IUCN Red List of Threatened Species, versión 2014.3. Consultado o 15 de febreiro de 2015. Distribúese desde o Cantábrico ao Mar Negro e Mar de Azov até Suráfrica. Tamén se atopa no Índico e o Mar Vermello.Lithognathus mormyrus (Linnaeus, 1758) asturnatura.com

Distribución 280px|left|thumb|Grupo de Lithognathus mormyrus en Madeira (Portugal). Atópase en Albania, Alxeria, Angola, Benín, Bosnia e Hercegovina, Camerún; Cabo Verde; República do Congo; República Democrática do Congo, Costa do Marfil; Croacia; Chipre; Exipto; Guinea Ecuatorial; Eritrea; Francia; Gabón; Gambia; Ghana; Xibraltar; Grecia; Guinea; Guinea-Bissau; Israel; Italia; Líbano; Liberia; Libia; Malta; Mauritania; Mónaco; Montenegro; Marrocos; Mozambique; Namibia; Nixeria; Omán; Portugal; San Tomé e Príncipe; Arabia Saudita; Senegal; Serra Leoa; Eslovenia; Suráfrica; España; Sudán; Siria; Togo; Tunisia; Turquía; Sáhara Occidental; Iemen.

Descrición Ten 50 cm de lonxitude e presenta un corpo ovalado, alto e comprimido. A súa boca encóntrase na parte inferior da súa cabeza, e o seu fociño é alongado. Ao igual que outras especies da súa familia é hermafrodita.

Comportamento Localízase en fondos areosos ou lixeiramente fangosos a menos de 50 m; adoita entrar nos estuarios. A súa alimentación baséase en moluscos, crustáceos, vermes, etc. Reprodúcese en primavera e verán.

Notas

Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Espáridos