Alberte Santos Ledo, nado na Coruña en 1965, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias da Información (1988). Traballou como xornalista en Madrid nas seccións de economía e finanzas de diferentes medios de comunicación e en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e A Nosa Terra. É socio fundador da consultora de comunicación e estratexia dixital Evercom e, dende 2013, o seu conselleiro delegado (CEO). É colaborador de Tempos Novos, Luzes e Huffington Post.

Obras

O rebumbio dos vagalumes (2015).El periodista Alberte Santos Ledo presenta su novela "O rebumbio dos vagalumes" Santiago: Laiovento. 228 páxs. ISBN 978-84-8487-304-4. A muller de lona (2022).Alberte Santos vindica a fuga como filosofía vital Santiago: Laiovento. 238 páxs. ISBN 978-84-8487-584-0.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Edicións Laiovento Artigos de Alberte Santos Ledo

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1965