Eurystomus é un xénero de aves coraciformes, un dos dous xéneros pertencentes á familia Coraciidae. O nome significa ‘boca ancha’, do grego eurus (, ‘ancho, largo’) e stoma (, ‘boca’).

Contén catro especies que crían en África, Asia e Australasia. Dúas das súas especies encóntranse só en África, e unha delas, Eurystomus glaucurus, é migratoria. En cambio, a Eurystomus orientalis está amplamente distribuída desde a India até o Xapón e Australia. Ademais é migratoria nos extremos norte e sur da súa área de distribución. A última especie, a Eurystomus azureus é endémica das illas Molucas, en Indonesia. En xeral son aves forestais e de sabana, aínda que prefiren buscar alimento en espazos abertos.

Características

Os membros de Eurystomus son aves de peteiro ancho que se diferencian do outro xénero dos corácidos, Coracias, por ter ás proporcionalmente máis longas e as patas máis curtas. Esta diferenza morfolóxica reflicte as diferenzas nas técnicas de caza, mentres que os membros de Coracias cazan axexando desde un lugar e lánzanse en picado á terra para atrapar as súas presas, as máis áxiles e rápidas de Eurystomus atrapan as súas presas ao voo. A diferenza dos membros de Coracias, non emiten o característico canto entrecortado.

Especies As catro especies que integran o xénero son: Eurystomus gularis Eurystomus glaucurus Eurystomus orientalis Eurystomus azureus

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fry, Fry and Harris, Kingfishers, Bee-eaters and Rollers, ISBN 0-7136-8028-8

Categoría:Corácidos Categoría:Xéneros de aves