miniatura|240px|Oligobombus cuspidatus

A dos bombinos (Bombini) é unha tribo de insectos himenópteros apócritos apoideos da familia dos ápidos, e subfamilia dos apinos.Tribe Bombini en BugGuide .Bombini no ITIS.

É unha tribo cosmopolita de abesouros de ambos os hemisferios que se alimentan de pole ou de néctar e que habitan a diversas altitudes en zonas de climas fríos, temperados, semitemperados e cálidos.

Moitas das súa especies son sociais, formando niños de até uns centos de individuos.

Taxonomía Descrición A tribo foi descrita en 1802 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire naturelle générale et particulière des crustacés et insectes (14 vols., 1802-1805).

Etimoloxía O nome científico da tribo, Bombini, esta formado polos elementos Bomb- e -ini. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Bombus, e o segundo e o sufixo do latín científico empregado para formar os nomes das tribos de animais.

Sinónimos e cambios taxonómicos Hai moito tempo estas especies colectoras de pole foron ás veces clasificadas como unha subfamilia, Bombinae, ou mesmo unha familia, Bombidae, e as de Psythirus integradas noutro taxon superior (Psithyridae) debido aos seus hábitos parasitarios.

Xéneros A tribo comprende tres xéneros, un só actualmente presente, Bombus, con máis de 250 especies en 15 subxéneros, e dous fósiles:Ascher J. S. & Pickering J.: "Discover Life bee species guide and world checklist (Hymenoptera: Apoidea: Anthophila)", en Charles D. Michener (2007): The Bees of the World, 2nd edition. Boston: ‎The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.

Bombus † Calyptapis † Oligobombus

Especies extintas Bombus cerdanyensis foi descrito en sedimentos lacustres do Mioceno tardío de Cerdaña, España en 2014.

Calyptapis florissantensis foi descrito por Theodore Dru Alison Cockerell en 1906 en sedimentos do Eoceno lacustre do Florissant Fossil Beds National Monument nos Estados Unidos.

Oligobombus cuspidatus foi descrito por Alexander V. Antropov en 2014 nun sedimento do Eoceno da Illa de Wight, Inglaterra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Apoideos Bombus

Ligazóns externas Tribe Bombini Latreille 1802 en Fossilworks. bumblebee, tribe Bombini na Encyclopaedia Britannica.

Categoría:Apidae Categoría:Animais descritos en 1802