Stefania Turkewich-Lukianovych, nada en Lviv o 25 de abril de 1898, e finada en Cambridge o 8 de abril de 1977, foi unha compositora, pianista, e musicóloga ucraína, recoñecida como a primeira compositora de Ucraína. Os seus traballos foron prohibidos en Ucraína polos soviéticos.

Traxectoria Stefania naceu en Lviv, Austria-Hungría. O seu avó (Lev Turkevich), e o seu pai (Ivan Turkevich) eran sacerdotes. A súa nai Sofia Kormoshiv (Кормошів) era pianista e estudou con Karol Mikuli e Vilém Kurz, e tamén acompañou á soprano Solomiya Krushelnytska.Павлишин, Степанія Стефанівна. Перша українська композиторка: Стефанія Туркевич-Лісовська-Лукіянович, БаК, Lviv 2004. Toda a familia era musical e todos tocaban un instrumento. Stefania tocaba o piano, a arpa e o harmonio. Máis tarde, a compositora lembrou a súa infancia e o seu amor pola música:

Estudos miniatura|dereita|265px|Fila do medio (de esquerda a dereita): a súa irmá Irena, o seu irmán Lev (con raqueta), e Stefania, arredor de 1915. Stefania comezou os seus estudos musicais con Vasyl Barvinsky. Dende 1914 até 1916, estudou piano en Viena con Vilém Kurz. Despois da primeira guerra mundial, estudou con Adolf Chybiński na Universidade de Lviv, e tamén asistiu ás súas clases de solfexo no Conservatorio de Lviv. En 1919, escribiu a súa primeira obra musical, a Liturxia (Літургію), que foi interpretada varias veces na Catedral de San Xurxo de Lviv.

En 1921, estudou con Guido Adler na Universidade de Viena e con Joseph Marx na Universidade de Música e Arte Dramática de Viena, da que se licenciou en 1923 cun Diploma de Mestra. En 1925, casou con Robert Lisovskyi e viaxou con el a Berlín, onde viviu dende 1927 até 1930 e estudou con Arnold Schoenberg e Franz Schreker. Durante este período, en 1927, naceu a súa filla Zoya (Зоя).

En 1930, viaxou a Praga en Checoslovaquia, estudou con Zdeněk Nejedlý na Universidade Carolina, e con Otakar Šín no Conservatorio de Praga. Tamén estudou composición con Vítězslav Novák na academia de música. No outono de 1933, ensinou piano e chegou a ser acompañante no Conservatorio de Praga. En 1934, ela defendeu a súa tese de doutoramento sobre o tema do folclore ucraíno nas óperas rusas. Doutorouse en musicoloxía en 1934 pola Universidade Libre Ucraína de Praga. Converteuse na primeira muller de Galicia (que daquela formaba parte de Polonia) en conseguir un doutoramento.

Regresou a Lviv, e dende 1934 ata o comezo da segunda guerra mundial traballou como profesora de teoría musical e piano no Conservatorio de Lviv, e converteuse en membro da Unión de Músicos Profesionais Ucraínos.

Segunda guerra mundial No outono de 1939, despois da ocupación soviética de Ucraína occidental, Stefania traballou como titora e como concertina no Teatro de Ópera e Ballet de Lviv, e dende 1940 até 1941 foi profesora asociada no Conservatorio de Lviv. Despois do peche do Conservatorio, coa ocupación da alemá, continuou a ensinar na Escola Estatal de Música. Na primavera de 1944 deixou Lviv rumbo a Viena. Fuxindo dos soviéticos, en 1946, trasladouse ao sur de Austria, e de alí a Italia, onde o seu segundo marido, Nartsiz Lukyanovich, era médico baixo o mando británico.

No Reino Unido No outono de 1946, Stefania mudouse ao Reino Unido, e viviu en Brighton (1947–1951), Londres (1951–1952), Barrow Gurney (preto de Bristol) (1952–1962), Belfast (Irlanda do Norte) (1962–1973) e Cambridge (dende 1973 até a súa morte).

A finais da década de 1940 volveu a compoñer. De cando en vez volveu actuar como pianista, en particular en 1957 nunha serie de concertos en comunidades ucraínas en Gran Bretaña, e en 1959 nun concerto de música para piano en Bristol. Foi membro da British Society of Women-Composers and Musicians (que existiu até 1972).

A súa ópera Oksana's Heart foi interpretada en Winnipeg (no Canadá) en 1970 no Centennial Concert Hall, baixo a dirección artística da súa irmá Irena Turkevycz-Martynec.

Composicións Симфонічні твори – Obras sinfónicas

1. Симфонія – Sinfonía no. 1 – 1937 2. Симфонія no. 2(a) – Sinfonía no. 2(a) – 1952 2. Симфонія no. 2(b) (2-гий варіант) – Sinfonía no. 2(b) (2ª versión) 3. Симфонієта – Symphoniette – 1956 4. Три Симфонічні Ескізи – Tres bosquexos sinfónicos – 3-го травня, 1975 5. Симфонічна поема – Poema sinfónico «La Vitа» 6. Space Symphony – 1972 7. Суіта для подвійного струнного оркестру – Suite para orquestra de corda dobre 8. Fantasía para orquestra de corda dobre

Балети – Ballets

9. Руки – The Girl with the Withered Hands – Bristol, 1957 10. Перли – The Necklace 11. Весна (Дитячий балет) – Spring – (Children's Ballet) 1934-5 12. Мавка (a) – Mavka – ‘The Forest Nymph’ – 1964-7 – Belfast 12. Мавка (b) – Mavka – ‘The Forest Nymph’ – 1964-7 – Belfast 13. Страхопуд – Scarecrow – 1976

Опера – Ópera

14. Мавка – Mavka – (sen rematar) baseada na canción Lesia Ukrainka

Дитячі опери – Óperas infantís

15. «Цар Ох» або Серце Оксани – Tsar Okh or Heart of Oksana – 1960 16. «Куць» – The Young Devil 17. «Яринний городчик» – A Vegetable Plot (1969)

Хорові твори – Obras corais

18. Літургія 1919 19. Psalm to Sheptytsky (Псалом Шептицькому) 20. До Бою 21. Триптих 22. Колискова (А-а, котика нема) 1946

Камерно – Інструментальні твори; Cámara – Obras instrumentais

23. Соната для скрипки і фортепіано 1935 – Sonata para violín e piano 24. (a) Cтрунний квартет 1960 – 1970 – Cuarteto de cordas 24. (b) Cтрунний квартет 1960 – 1970 – Cuarteto de cordas 25. Тріо для скрипки, альта і віолончела 1960 – 1970 – Trío para violón, viola e cello 26. Квінтет для двох скрипок, альта, віолончела фортепіано 1960 – 1970 – quinteto e piano 27. Тріо для флейти, кларнету, фагота 1972 – trío de vento

Фортепіанні Твори – Obras para piano

28. Варіації на Українську тему 1932 – Variacións sobre un tema ucraíno 29. Фантазія: Суїта фортепянна на Українські теми – Fantasía: Suite para piano sobre temas ucraínos 1940 30. Імпромпту – Impromptu 1962 31. Гротеск – Grotesque 1964 32. Гірська сюїта – Suite da montaña 1966 – 1968 33. Цикл п’єс для дітей – Ciclo de pezas para nenos 1936 – 1946 34. Українські коляди та щедрівки – Panxoliñas ucraínas e Shchedrivka 35. Вістку голосить – Good Tidings 36. Christmas with Harlequin 1971

Різне – Varios i. – Серце – Heart – Voz solista con orquestra ii. – Лорелеї – Lorelei – Narrador, harmonio e piano 1919 – letra de Lesia Ukrainka iii. – Май – May – 1912 iv. – Тема народної пісні – Temas de cancións populares v. – На Майдані – Independence Square – peza de piano vi. – Не піду до леса з конечкамі – Лемківська пісня – Canción Lemky para voz e cordas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Сокіл-Рудницька М. Пам’яті Стефанії Лукіянович // Вільне Слово. – Торонто, 1977. – 9 і 16 липня. – С. 3. Вовк В. Парастас для Стефанії Туркевич-Лукіянович // Наше Життя. – Нью-Йорк, 1992. – Ч. 5. – С. 6–9. Стельмащук Р. Забутий львівський композитор-неокласик (штрихи до творчого портрета Стефанії Туркевич) // Музика Галичини (Musica Galiciana) / Матеріали Другої міжнародної конференції. – Львів, 1999. – С. 276–281. Павлишин С. Перша українська композиторка // Наше Життя. – Нью-Йорк, 2004. – Ч. 1. – С. 14–16. Павлишин С. Перша українська композиторка: Стефанія Туркевич-Лісовська-Лукіянович. – Львів, 2004. Карась Г. Статика і динаміка жанру дитячої опери у творчості композиторів української діаспори ХХ ст. // Вісник Державної академії керівних кадрів культури і мистецтв. – Київ, 2010. – No. 2. – С. 89–93. Яців Р. Роберт Лісовський (1893–1982): дух лінії. – Львів, 2015. – С. 11, 13, 79–84, 91.

Ligazóns externas Proxecto de cancións artísticas ucraínas – Stefania Turkewich Stefania Turkewich: Galegos I |The Art Songs Museo da Música e da Memoria "King Oh" ou o corazón de Oksana Película sobre Stefania Turkewich A estrea mundial da Primeira Sinfonía de Stefania Turkewich Tres sketchs sinfónicos - Premier mundial Concerto dedicado ao 120 aniversario do nacemento de Stefania Turkewich Estrea. Stefania Turkewich-Lukiyanovich ópera "Corazón de Oksana"

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados en Lviv Categoría:Finados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade Carolina de Praga Categoría:Compositores de Ucraína Categoría:Compositores do Reino Unido