Inocencio Ferrer Ovide, nado en Vilamartín de Valdeorras o 15 de decembro de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 18 de xullo de 1992, foi un xastre, fotógrafo e político galego.

Traxectoria Xastre cortador. Traballou dous anos en Burgos na Sastrería París e despois na Coruña na Sastrería Freire durante tres anos. Membro da UGT e afiliado ao Partido Comunista de España. Pasou un mes en prisión pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido ata que pasou a Asturias. Combateu no exército leal e despois pasou polas frontes de Bilbao, Santander e Teruel. Foi comisario axudante da 45 División do V Corpo de Exército. Coa derrota da República pasou a Francia como cidadán panameño cunha documentación falsa correspondente a un seu tío emigrado naquel país."Inocencio Ferrer, una azarosa vida plasmada en centenares de fotografías", La Voz de Galicia, Ourense, 21-6-1987, p. 40. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Instalouse en Guadalaxara e en 1945 pasou a residir en Cidade de México. Amigo e compañeiro de Luís Soto, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, participou no Padroado da Cultura Galega de México do que foi tesoureiro, e foi administrador de Vieiros. Foi membro da comisión organizadora da homenaxe ao presidente Lázaro Cárdenas en representación do Padroado da Cultura Galega en 1957. Pasou os últimos anos no fogar Virgen de los Milagros de Valdegodos, viaxando a México. Finou no Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela o 18 de xullo de 1992.La Voz de Galicia, O Barco, 19-7-1992, p. 80. Recoñecementos

Recibiu unha homenaxe no Barco de Valdeorras o 4 de xuño de 1989.La Voz de Galicia, O Barco, 6-6-1989, p. 30. Vida persoal

Casou en Guadalaxara con Eva Hernández Meza en 1940, e foi pai de Nelia Ferrer Hernández, directora do Club de Danza da Escola Normal superior de México.Ferrer Ovide, Inocencio (1915-?) Notas

Véxase tamén Bibliografía

"Inocencio Ferrer: 'Fraga chegou a dicer que os do Padroado da Cultura de México eramos un grupo de subversivos'" Entrevista de Gustavo Docampo Paradelo. A Nosa Terra, 417, 25-1-1990, p. 10-11. Ligazóns externas Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes