O músculo grácil ou recto interno é un músculo que se estende desde a rama inferior da pube e a rama do isquion até a tibia.

Insercións e constitución anatómica

Insercións superiores: lateral á sínfise pubiana, no ángulo pubiano, medial á inserción dos músculos adutores longos e curtos, no labio lateral, parte anterior da rama isquiopúbica.

Corpo muscular: a partir das insercións precedentes orixina un corpo fino, plano, en forma de cinta, situado na cara medial da coxa. O seu tendón longo e fino aparece no medio do corpo musculoso e rodea o cóndilo medial do fémur de atrás cara a adiante.

Inserción inferior: despois de rodear o cóndilo medial da tibia, insírese na parte superior da súa cara medial, contribuíndo cos músculos sartorio e semitendinoso a formar a pata de ganso superficial.

Relacións A súa cara medial ou superficial está cuberta pola fascia lata e a pel na súa maior extensión. A cara lateral ou profunda está relacionada co bordo medial dos músculos adutores, o cóndilo medial do fémur e a tibia, na que a bolsa sinovial os separa do ligamento colateral tibial.

Innervación Recibe unha rama do nervio obturador (L2, L3, L4) que o penetra pola súa cara profunda, por riba da súa parte media.

Vascularización Varias arterias provenientes da arteria femoral ou da arteria circunflexa femoral medial irrigan o músculo.

Función Adución, flexión e rotación interna da cadeira

Notas

Véxase tamén

Mioloxía

Categoría:Musculatura