Fong juk (en ) é un filme de Hong Kong de 2006 producido e dirixido por Johnnie To. Está protagonizado por Anthony Wong, Francis Ng, Nick Cheung, Josie Ho, Roy Cheung e Lam Suet, coas aparicións especiais de Richie Jen e Simon Yam. A acción está ambientada na cidade de Macau. Estreouse na 63ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, e competiu polo León de Ouro.
Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Personaxes Anthony Wong como Blaze Francis Ng como Tai Nick Cheung como Wo Josie Ho como Jin Roy Cheung como Cat Lam Suet como Fat Richie Jen como Sarxento Chen Simon Yam como Boss Fay Gordon Lam como Boss Keung Cheung Siu-fai como Jeff Tam Ping-man como tío Fortune Benz Hui como sarxento Shan Ellen Chan como prostituta Wong Chi-wai como Darkie
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hong Kong propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Johnnie To Categoría:Filmes de Media Asia Categoría:Filmes ambientados en Macau