O músculo bucinador (Musculus buccinator) é un músculo ancho e plano que se atopa na fazula, detrás do músculo maseter.

Insercións do bucinador Insírese, detrás do bordo alveolar do óso maxilar e da mandíbula; na lámina medial da apófise pterigoidea e no ligamento pterigomandibular; adiante na mucosa da comisura labial; tamén está atravesado por unha rama do nervio facial.

Funcións A súa función principal é dar forma á cara, agrandar a fenda bucal e exercer presión sobre a cavidade bucal (asubío). Tira cara a atrás o canto da boca, aumentando o seu diámetro transversal; intervén na acción de asubiar, soprar, succionar, tocar instrumentos de vento ou acomodar o alimento nas superficies oclusais dos dentes posteriores.

Innervacións Innervado polo nervio bucal, rama do temporobucal (V3 do trixemino)(Sensorial). Innervado polo VII nervio cranial (nervio facial) (motor). Notas

Véxase tamén

Dicionario galego de termos médicos

Categoría:Musculatura Categoría:Músculos da cara