Senior Year é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Alex Hardcastle e escrito por Andrew Knauer, Arthur Pielli e Brandon Scott Jones. Está protagonizado por Rebel Wilson (quen tamén é produtora) no papel dunha muller de 37 anos que esperta logo dun coma de 20 anos e decide volver ao instituro para conseguir o seu diploma. Sam Richardson, Zoë Chao, Mary Holland, Justin Hartley, Chris Parnell, Angourie Rice, Michael Cimino, Jeremy Ray Taylor, Jones e Alicia Silverstone compoñen o resto do elenco.

Senior Year estreouse en Netflix o 13 de maio de 2022, onde conta con opción de subtitulado en galego. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.

Personaxes

Rebel Wilson como Stephanie Conway Angourie Rice como Stephanie Conway adolescente Sam Richardson como Seth Novacelik Zaire Adams como Seth Novacelik adolescente Zoë Chao como Tiffany Blanchette-Balbo Ana Yi Puig como Tiffany Blanchette adolescente Mary Holland como Martha Reiser Molly Brown como Martha Reiser adolescente Justin Hartley como Blaine Balbo Tyler Barnhardt como Blaine Balbo adolescente Chris Parnell como Jim Conway Michael Cimino como Lance Jeremy Ray Taylor como Neil Chudd Brandon Scott Jones como Mr. T Alicia Silverstone como Deanna Russo Joshua Colley como Yaz Jade Bender como Bri Balbo/BriLoves Avantika Vandanapu como Janet Singh

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes ambientados en 2022 Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego