miniatura|Reverso dun dólar presidencial (2007) "1 Dollar James Madison". Numista.com A moeda dun dólar estadounidense é a cuñada neste país norteamericano co valor facial dun dólar desde finais do século XVIII ata os nosos días, en diferentes metais, como ouro, prata, cuproníquel e outras aliaxes de metais comúns.
Malia os esforzos do Goberno dos EEUU por fomentar o seu uso como medida de aforro, polo alto custo da impresión dos billetes do mesmo valor, as moedas dun dólar non gozaron dunha boa aceptación entre a poboación desde o momento da súa creación. Por este motivo, a partir do 11 de decembro de 2011, a Casa da Moeda dos Estados Unidos deixou de producir esta moeda para a súa circulación xeral e todas as moedas dun dólar cuñadas con posterioridade a esta data foron emitidas especificamente para o coleccionismo numismático, aínda que manteñen a súa consideración de moedas de curso legal.
Historia
Antecedentes miniatura|300x300px|Real de oito español da ceca de Potosí (1768) "8 Reales - Charles III". Numista.com
Antes da guerra de independencia dos Estados Unidos, as moedas de diversas nacións europeas circulaban libremente polas colonias británicas en América do Norte, do mesmo xeito que outras moedas emitidas polo Reino Unido para o seu uso noutros territorios coloniais. A máis salientable de todas estas moedas era o real de oito —coñecido en nese continente como spanish dollar—, cuñado nas colonias españolas de América, sinaladamente en México. Esta variedade de moedas mantivo o curso legal nos Estados Unidos ata 1857.Bowers, Q. D. (1993). Páxina 27.Sumner, W. G. (1898). "The Spanish Dollar and the Colonial Shilling". En The American Historical Review. 3 (4): 607-619.Murray N. Rothbard. "Commodity Money in Colonial America". En LewRockwell.com (en inglés)Cardelús, B. "El dólar y su origen español". En ABC Cultura. 2 de maio de 2017 (en castelán)
Primeiros ensaios da moeda dun dólar
O dólar Nova Constellatio
miniatura|300x300px|Dólar (1.000 unidades) da serie Nova Constellatio (1783) "Nova Constellatio Pattern "Silver Mark 1000"". Numista.com O dólar de prata da serie coñecida como Nova Constellatio forma parte da primeira proposta para a dotación dun sistema monetario baixo a autoridade dos Estados Unidos, no inicio do ano 1783. A moeda, cuñada na Ceca de Filadelfia unicamente como proba —sen chegar a pórse en circulación—, non amosa expresamente a palabra "dólar", senón a cantidade "1000" [unidades], aínda que responde ás características métricas do que posteriormente será o dólar estadounidense.
A creación desta serie de probas obedece ao empeño de Robert Morris,Ferguson, J. et al. (1973-1999). The Papers of Robert Morris. Vol. 7. University of Pittsburgh Press. Páxinas 740-743. un dos Pais Fundadores dos EEUU ao que se lle atribúe o financiamento da guerra de independencia,Cowen, D. J. (2006). Financial founding fathers: the men who made America rich. University of Chicago Press. Páxinas 193-194. ISBN 0-226-91068-7 que trataba de unir a nova nación arredor dunha unidade monetaria que permitise unha doada conversión das moedas británicas, españolas, portuguesas e asiáticas que circulaban por aquel territorio.Carothers, N. (1930). Fractional Money, A History of the Small Coins and Fractional Paper Currency of The United States. John Wiley & Sons. Páxinas 46-49. Esta idea supuña unha gran novidade, xa que a proposta de Morris suporía o primeiro sistema monetario en Europa Occidental e en América baseado no sistema decimal.McCarthy, D. "Nova Constellatio patterns among earliest U.S. coins ". En Coin World. 4 de xullo de 2015.
A serie complétase con outros valores, en prata e en cobre. A característica que lles dá o nome é que todos eles locen a lenda NOVA CONSTELLATIO no seu reverso."Nova Constellatio". Numista.com
O dólar Continental
150x150px150x150pxDólar Continental (1776) "1 Dollar "The Continental Dollar" (pewter)". Numista.
Coa data de 1776 cuñáronse en peltre varios milleiros de exemplares do coñecido como dólar Continental. Aínda que hai diversas opinións ao respecto, moitos numismáticos cren que se trata de modelos de proba para a proposta dun dólar de prata, que fora autorizado polo Congreso Continental, como apoio ao papel moeda que se estaba a emitir como un dos primeiros intentos de crear unha moeda nacional nos Estados Unidos. Tamén se cuñaron algúns espécimes do dólar continental en latón e en prata, pero non chegou a producirse en serie para a súa posta en circulación, en gran parte por mor das dificultades financeiras ocasionadas pola guerra de independencia."1776 “Continental Curency” Dollar". CoinSite.com"1776 Continental Dollar". CoinSite.comHudgeons, M. et al. (2014). "1776 Continental Currency". En Official Blackbook price guide to United States Coins. Random House. Nova York. ISBN 978-0-375-72348-3
O fracaso desta "moeda continental" exacerbou a desconfianza da poboación cara ao papel moeda. Thomas Jefferson pretendía que os Estados Unidos renunciasen ao papel e cuñasen, no seu lugar, moedas dun valor similar ao do real de oito español e outras moedas usadas na época.Hudgeons, M. et al. (2014). "1776 Continental Currency". En Official Blackbook price guide to United States Coins. Random House. Nova York. ISBN 978-0-375-72348-3Rothbard, M. (2002). A History of Money and Banking in the United States. Ludwig von Mises Institute. Auburn. ISBN 978-0-945466-33-8
O dólar do cabelo solto (1794-1795) e o do busto drapeado (1795-1804)
miniatura|300x300px|Dólar do cabelo solto (1795) "1 Dollar "Flowing Hair Dollar"". Numista.com
A Lei da Moeda de 1792 autorizou a produción de moedas dun dólar de prata. A Casa da Moeda cuñou esta moeda entre 1794 e 1803, e despois cesou a produción de dólares de prata ata 1836. A primeira tiraxe saíu das prensas o 15 de outubro de 1794 e consistiu en 1.758 pezas que lle foron entregadas ao director da Casa da Moeda dos EEUU, David Rittenhouse, para as distribuír entre os dignatarios como recordo.Bowers, Q. D. (1993). Páxinas 32-37."1 Dollar, United States, 1794". Smithsonian Institution. National Museum of American History."Coin Profiles: United States 1794 Flowing Hair Dollar ". En Coin Week. 2 de marzo de 2020.
A partir de entón e ata 1804 cuñáronse cantidades variables. Hai dous deseños característicos dos anversos, o coñecido como dólar do cabelo solto (1794-1795)"1794-95 Flowing Hair Dollar". CoinSite.com e o do busto drapeado (1795-1804), e dentro deste último diferéncianse dous modelos de reverso, o da aguia pequena (1795-1798)"1795-98 Draped Bust Small Eagle Dollar". CoinSite.com e o da aguia heráldica (1798-1804)"1789-1804 Draped Bust Heraldic Eagle Dollar". CoinSite.com.Bowers, Q. D. (1993). Páxinas 40-46.
miniatura|300x300px|Dólar do busto drapeado (1798) coa aguia heráldica no reverso "1 Dollar "Draped Bust Dollar" Heraldic eagle". Numista.com
Xunto coa moeda dun centavo, o dólar de prata foi a única moeda estadounidense que se cuñou todos os anos durante a primeira década despois da apertura da Casa da Moeda.Bowers, Q. D. (1993). Páxinas 40-46. Aínda que o real de oito español cuñado a partir de 1772 contiña teoricamente 377,1 grans de prata fina, as análises fiables da época confirmaron que de feito tiñan de media 370,95 grans (24,037 gramos). O novo dólar estadounidense, de 371,25 grans (24,057 gramos) de prata fina, comparábase, xa que logo, favorablemente coa moeda española e recibíase á par nos pagamentos no estranxeiro. En 1803 o presidente Thomas Jefferson ordenou deter a súa produción cos limitados recursos da US Mint, xa que non se mantiña na circulación doméstica.Bowers, Q. D. (1993). Páxinas 431-435.
Así as cousas, a moeda de medio dólar, menos exportable, pasou a ser a maior moeda de prata en produción nos Estados Unidos durante as seguintes décadas. Só despois da independencia de México en 1821 se mantivo firmemente o contido de prata fina do seu peso —herdeiro do real de oito español— en 377,1 grans, co que os Estados Unidos tiveron que competir posteriormente, utilizando unha moeda de dólar de comercio máis pesada, de 378,0 grans (24,49 gramos) de prata fina."1873-85 Trade Dollar". CoinSite.com
O dólar de 1804
miniatura|150x150px|Dólar de 1804, o único coñecido da clase II O dólar de 1804, pertencente á serie do busto drapeado, está considerada unha das moedas máis raras e máis famosas do mundo. A súa creación foi o resultado dun erro. Os dólares de prata que a US Mint declarou como cuñados en 1804 estaban, na realidade, datados en 1803 —xa que os cuños se seguían utilizando ata que se deterioraban, independentemente de que se entrase nun novo ano—. Xa que logo, ningún dos dólares cuñados en 1804 para a súa posta en circulación amosa a súa data real de produción, senón a de 1803.Newman, E. P.; Bressett, K. E. (2009). The Fantastic 1804 Dollar (Tribute ed.). Racine. Whitman Publishing. ISBN 978-0-7948-2829-5
O dólar de prata datado en 1804 cuñouse en realidade en 1834, cando o Departamento de Estado dos EEUU decidiu producir unha serie de moedas estadounidenses para llas regalar a gobernantes asiáticos a cambio de vantaxes comerciais. Dado que 1804 fora o derradeiro ano de cuñaxe do dólar de prata que quedara rexistrado nos ficheiros da Casa da Moeda, os funcionarios da casa descoñecían naquel momento que os devanditos dólares tiñan realmente a data de 1803 e encargaron aos gravadores novos cuños coa data de 1804, convencidos de que eran iguais aos últimos emitidos.
Coñécese a existencia unicamente de 15 exemplares de dólares de prata coa data de 1804, que, en virtude de pequenas variantes, se agrupan habitualmente en clase I (oito exemplares), clase II (un exemplar) e clase III (seis exemplares), estes últimos cuñados irregularmente con posterioridade, entre 1858 e 1860, dada a súa demanda no mercado do coleccionismo numismático.Brothers, E. (2016). "The King Among Rarities: A Brief History of the United States 1804 Dollar". En Coin Week. 12 de setembro.
O dólar Gobrecht (1836-1839) e o da Liberdade sentada (1840-1873)
miniatura|300x300px|Dólar Gobrecht (1836) "1 Dollar "Gobrecht Dollar" Pattern". Numista.com miniatura|300x300px|Dólar Liberdade sentada (1865) "1 Dollar "Seated Liberty" without motto". Numista.com
Os dólares da Liberdade sentada introducíronse en 1836 e estiveron en circulación ata 1873. Un efémero precedente deles foi o escaso e efémero dólar Gobrecht, chamado así polo seu gravador, Christian Gobrecht, e cuñado en pequenas tiraxes entre 1836 e 1839 para determinar se a reintrodución do dólar de prata tería un bo acollemento por parte da poboación."1836-40 SGobrecht Dollar". CoinSite.com"Gobrecht Dollars (1836-1839)". Numismatic Guaranty Corporation.Garret, J. (2020). "Gobrecht Silver Dollars .The Most Misunderstood Coin ". En Coin Week. 26 de marzo.
A produción de grandes cantidades de moedas de ouro nos Estados Unidos a partir de 1848 con metal procedente das minas de California provocou a baixada do prezo do ouro e o conseguinte aumento do da prata. En 1853, o valor dun dólar de prata situábase en 1,04 dólares, en comparación co prezo do ouro. Coa Lei da Moeda de 1853, todas as moedas do país, coa excepción do dólar de prata e a nova moeda de tres centavos, reduciron un 6,9 % o seu peso. O dólar de prata da Liberdade sentada seguiuse cuñando en cantidades moi reducidas, para usarse principalmente como moeda do comercio exterior con Oriente.Bowers, Q. D. (1993). Páxinas 495-547.