A Universidade de Graz Véxase ao respecto Bast, UG 2002 (2003), Anm. 1 ao § 6 (nome oficial alemán: Karl-Franzens-Universität Graz, en latín: Carolo-Franciscea ) é a universidade máis grande de Estiria e, despois da Universidade de Viena, a segunda máis antiga de Austria. Debe o seu nome ao arquiduque Carlos II de Estiria e ao emperador Francisco I de Austria. No semestre de inverno 2007/2008 tiña 21340 alumnos, sendo a porcentaxe de estranxeiros do 9,4 %.

Estrutura Segundo a Lei universitaria austríaca do ano 2002, esta universidade está subdividida en seis facultades:

Facultade de Teoloxía Católica Facultade de Dereito Facultade de Ciencias Económicas e Sociais Facultade de Humanidades Facultade de Ciencias Naturais Facultade de Ciencias da Educación e do Medio Ambiente

A Facultade de Medicina converteuse durante o ano 2003 nunha universidade independente, a Medizinische Universität Graz.

Conxuntamente coa Technische Universität Graz leva a cabo o proxecto de cooperación NAWI Graz, polo que traballan en conxunto diversos programas de investigación e docencia no marco das ciencias naturais, química, bioloxía molecular, ciencias da terra, matemáticas e física. miniatura| ReSoWi-Zentrum

Premios Nobel

Walther Hermann Nernst, 1920 en química; estudante en Graz en 1886. Fritz Pregl, 1923 en química; en Graz desde 1913 ata a súa morte en 1930. Julius Wagner-Jauregg, 1927 en medicina; en Graz de 1889 a 1893. Erwin Schrödinger, 1933 en física; en Graz de 1936 a 1938. Otto Loewi, 1936 en medicina; en Graz de 1909 a 1938. Victor Franz Hess, 1936 en física; estudante en Graz de 1893 a 1906m despois en 1919-1931 e 1937-1938. Gerty Cori, 1947 en medicina; traballou antes de 1922 en Graz. Ivo Andrić, 1961 en literatura; licenciouse en Graz en 1924 cunha tese sobre "A vida intelectual en Bosnia e Herzegovina durante a era otomá". Karl von Frisch, 1973 en medicina; en Graz de 1946 a 1950. Peter Handke, 2019 en Literatura; en Graz de 1961 a 1965.

Outros académicos

Alexius Meinong, filósofo autor da Teoría dos Obxectos. Alfred Wegener, xeólogo e meteorólogo, desenvolveu a teoría da deriva continental. Anselm Franz, creador do motor a reacción Jumo 004. Christian von Ehrenfels, filósofo, relator en Graz da psicoloxía da Gestalt. Ernst Mach, físico. Hans Gross, criminólogo. Hugo Schuchardt, romanista. Joseph Schumpeter, economista. Ludwig Boltzmann, físico. Nikola Tesla, enxeñeiro e inventor. Paul Guldin, matemático.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Karl-Franzens Universität Graz (Páxina oficial) A+ntigos alumnos UNI graz - Asociación de graduados e amigos da Universidade de Graz 'KinderUni' de Graz Videorreportaxe da Universidade Organigrama (pdf; 20 kB) Consideración arquitectónica do centro ReSoWi (Nextroom Architektur Datenbank)

*