Carlos II de Estiria ou de Austria-Estiria, nado o 3 de xuño de 1540 en Viena e finado o 10 de xullo de 1590 en Graz, arquiduque de Austria, duque de Estiria, Carintia e Carniola e conde de Goritz.
Biografía
Ascendencia Fillo do emperador Fernando I e de Ana Jagiellon de Hungría e Bohemia, filla de Ladislau II, rei de Hungría e Bohemia.
Actuacións miniatura|esquerda| Retrato coa inscrición Carolvs D.G. Archidvx Avstria Dvx Bvrgvndia Siiria Carintia ZC Comes Tiroll et Goritia ZC MDIXXVI miniatura|esquerda| A Comuñón da Virxe ou A Familia do Archiduque Carlos de Estiria. Sobre a relixión A diferenza do seu irmán máis vello, o emperador Maximiliano II, Carlos era un católico convencido e promoveu a Contrarreforma, un exemplo da cal foi invitar aos xesuítas ao seu dominio. Tamén foi tolerante co protestantismo, como demostra a paz relixiosa de Bruck en 1572, que permitiu a liberdade de culto en Estiria, Carintia e Carniola.
Nos eidos militar e político Despois de asumir o trono como emperador, o seu sobriño Rodolfo II, que máis tarde sería presa dun desequilibrio mental polo que foi encerrado no Castelo de Praga, cedeu o mando político ao seu irmán, o arquiduque Ernesto, e o mando militar ao seu tío, o arquiduque Carlos II. Encargado de defender os dominios hereditarios dos Habsburgo contra o Imperio Otomán, demostrou ser un comandante eficiente. Así se mostra, por exemplo, cando, por orde súa, se erixiu a fortaleza de Karlstadt (Karlovac) en Croacia, unha fortificación necesaria como liña de defensa contra os turcos.
Mecenados de Arte e Ciencia Tamén Carlos II é lembrado principalmente como un benfeitor da arte e da ciencia: ademais de ser o protector de moitos artistas, especialmente do compositor Orlando di Lasso, fundou en 1585 a Universidade de Graz que leva o seu nome. En 1580 montou nunha corte con cabalos de Xerez en Lipica, Eslovenia, orixe da raza equina lipizzana.
Pasamento Morreu en Graz en 1590. O seu mausoleo na abadía de Seckau é unha importante obra do inicio do barroco. Foi iniciado en 1587 por Alessandro de Verda e rematado en 1612 por Sebastian Carlone, o Vello.
Matrimonio e descendencia Casou coa súa sobriña María Ana de Baviera (1551-1608), filla do duque Alberte V de Baviera e da súa irmá Ana de Habsburgo (1528-1590). Desta unión naceron 15 nenos:
Fernando de Habsburgo Varsovia ). Arquiduquesa de Austria, casou con Sexismundo III Vasa, rei de Polonia . María Cristina de Habsburgo (1574 - 1621). Archiduquesa de Austria. Esposa do conde húngaro Sexismundo Báthory, príncipe de Transilvania . Catarina de Habsburgo (1576 - 1595). Archiduquesa de Austria. Isabel de Habsburgo (1577 - 1586). Archiduquesa de Austria. Fernando II (Graz, 9 de xullo de 1578 - Viena, 15 de febreiro de 1637). Archiduque de Austria. Duque de Estiria (1590), rei de Bohemia (1617), rei de Hungría ( 1618) e emperador (1619). Casado en primeiras nupcias con María Ana de Baviera.
Carlos de Habsburgo (1579 - 1580). Archiduque de Austria . Gregorio de Habsburgo (1581 - 1597). Archiduquesa de Austria. Leonor de Habsburgo (1582 - 1620). Archiduquesa de Austria . Maximiliano de Habsburgo ( 1583 - 1616 ). Archiduque de Austria.
Margarida de Habsburgo (Graz, 25 de decembro de 1584 - O Escorial, 3 de agosto de 1611). Archiduquesa de Austria. Casada con Filipe III, rei de Castela, Aragón e Portugal.
Leopoldo V de Habsburgo ( Graz, 9 de outubro de 1586 - Schwaz, Tirol, 13 de setembro de 1632 ). Archiduque de Austria, conde do Tirol. Casou con Claudia de Medici, filla de Fernando I de Medici, Gran Duque de Toscana.
Constanza Renata de Habsburgo ou Constanza de Austria (24 de decembro de 1588 Graz - 10 de xullo de 1631 Varsovia). Archiduquesa de Austria. Casou con Sexismundo III Vasa, rei de Polonia.
María Magdalena de Austria (Graz, 7 de outubro de 1589 - Florencia, 1 de novembro de 1631). Archiduquesa de Austria. Casou con Cosme II de Medici, Gran Duque de Toscana.
Carlos de Habsburgo (1590 - 1624). Archiduque de Austria . Foi príncipe-bispo de Wroclaw, bispo de Bressanone e Gran Mestre da Orde Teutónica.
Na cultura popular
No cine Ano Película director Actor 2007 Elisabeth: the Gonden Age Shekhar Kapur Christian Brasington
Antepasados
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1540 Categoría:Finados en 1590 Categoría:Nados en Viena Categoría:Casa de Habsburgo