Unha substancia natural neuroactiva é un composto químico sintetizado polas neuronas que afecta a acción doutras neuronas ou células musculares. As substancias neuroactivas naturais son neurotransmisores, neurohormonas e neuromoduladores. Os neurotransmisores funcionan soamente entre neuronas adxacentes por medio das sinapses. As neurohormonas son liberadas no sangue e funcionan viaxando a distancia. Algunhas substancias neuroactivas naturais actúan tanto como transmisores coma como hormonas.

Notas

Categoría:Neuroquímica Categoría:Neurofisioloxía