miniatura|Escenario para un Céilí, situado no parque O parque Andrew Haydon é un parque situado no río Ottawa, nos arredores da cidade de Ottawa, a capital do Canadá.

Espazos Concertos O parque conta cun palco onde é habitual celebrar concertos ao vivo e céilís.

Áreas infantís En 2017 inauguráronse novas áreas infantís dentro do recinto do parque, que custaron aproximadamente 365.000 dólares canadenses.

Historia

Problema dos gansos Historicamente, os cans estaban prohibidos no parque e no veciño parque de Dick Bell. En 2009, a cidade permitiu cans con correa como proxecto piloto dun ano. Isto fíxose para solucionar o "problema dos gansos" que era provocado polo exceso de gansos do Canadá que no verán excretaban por toda a herba e camiños. Desde entón, esta norma foi prorrogada indefinidamente.

Normativa Están permitidos os cans con correa, pero está prohibido achegarse a menos de cinco metros de todas as zonas de xogo e piscinas infantís.

Fauna Ademais dos gansos do Canadá, patos, gansos de cabeza negra e limícolas tamén frecuentan o parque.

Sucesos En 2013, un home duns 20 anos foi atopado ferido e espido no parque, o caso foi investigado pola policía.

Galería

Notas

Véxase tamén Outros artigos Céilidh Árbore dos gansos

Categoría:Xeografía do Canadá Categoría:Parques Categoría:Ontario