miniatura|Foto aérea do parlamento. O Parlamento Saami de Noruega (en , en , en saami de Lule e , en , en , en ) é unha cámara representativa para o pobo saami de Noruega. Actúa como unha institución de autonomía cultural para os membros deste pobo.

O Parlamento creouse o 9 de outubro de 1989. A sede está na aldea de Kárášjohka, no concello de Karasjok, no condado de Troms og Finnmark. Conta con 39 representantes, que son elixidos cada catro anos por voto directo de 7 circunscricións. As últimas eleccións foron en 2021. A diferenza de Finlandia, as 7 circunscricións abranguen toda Noruega. A actual presidenta é Silje Karine Muotka, que representa a Asociación Saami Norueguesa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Pobo saami Categoría:Política de Noruega