O Rolls-Royce Eagle foi o primeiro motor de aviación desenvolvido por Rolls-Royce Limited. Introducido en 1915 para cumprir cos requisitos militares británicos durante a primeira guerra mundial, foi usado para impulsar os bombardeiros Handley Page Type O e outros avións militares.

O Eagle foi o primeiro motor en facer un cruzamento transatlántico sen escalas cando dous Eagles impulsaron un bombardeiro Vickers Vimy modificado no voo transatlántico de Alcock r Brown en xuño de 1919.

Antecedentes Ao comezar a primeira guerra mundial en agosto de 1914, a Royal Aircraft Factory solicitou a Rolls-Royce desenvolver un novo motor refrixerado por aire de 200 cabalos. A pesar das reticencias iniciais accederon coa condición de que estivese refrixerado por auga en vez de por aire, xa que esa era a área de espcialización da empresa.Pugh 2001, p.71

Deseño e desenvolvemento O desenvolvemento do novo motor de 20 litros estivo a cargo de Henry Royce dende a súa casa en Kent. Baseado inicialmente no motor de 7,4 litros 40/50 Rolls-Royce Silver Ghost, e inspirado tamén polo deseño dun motor de aviación de 7,2 litros Daimler DF80 usado nun Grand Prix Mercedes en 1913 que fora mercado, a potencia incrementouse dobrando o número de cilindros ata 12 e incrementando a súa carreira ata os 170 mm, aínda que a súa ánima seguiu sendo de 110 mm, igual que no 40/50. O motor tamén funcionaba máis rápido, e deseñouse un reductor epicicloidal para manter a velocidade da hélice por debaixo de 1 100 rpm. Para reducir a inercia e mellorar o rendemento o deseño do tren de válvulas cambiouse de válvulas lateriais a un deseño SOHC,Pugh 2001, p.72 seguindo de preto a filosofía orixinal de deseño de balancín de "rañura lateral" usada nos motores contemporáneos alemáns Mercedes D.I, Mercedes D.II e Mercedes D.III.

O 3 de xaneiro de 1915 o Almirantado pediu 25 dos novos motores. O primeiro acendido do Eagle nun banco de probas nas instalacións de Rolls-Royce en Derby foi en febreiro de 1915, producindo 225 cabalos a 1 600 rpm. Esta incrementouse rapidamente ata 1 800, e en agosto de 1915 chegou a 2 000 rpm producindo 300 cabalos. Tras máis probas, decidiuse aprobar o motor para produción a 1 800 rpm e 225 cabalos, permitíndose 1 900 rpm para curtos períodos. O motor voou por primeira vez nun bombardeiro Handley Page O/100 en decembro de 1915, sendo o primeiro voo dun motor de aviación de Rolls-Royce.

O Eagle desenvolveuse aínda máis durante 1916 e 1917, incrementándose progresivamente a potencia de 225 ata 266 cabalos, despois ata 284, 322, e finalmente 360 cabalos en febreiro de 1918, momento no que se produciran oito variantes do Eagle.Gunston 2006, p.186 Ao longo da primeira guerra mundial Rolls-Royce loitou por fabricar Eagles nas cantidades solicitadas pola Oficina de Guerra, pero a compañía resistiu a presión para licenzar a outros fabricantes a súa construción, temendo que a calidade tan admirada do motor se arriscase a verse comprometida.Pugh 2001, p.79-86

Tras a guerra desenvolveuse unha versión Mark IX do Eagle para uso civil. A produción continuou ata 1928, fabricándose un total de 4 681 motores Eagle.Lumsden 2003, p.183

O tempo entre as revisións nos últimos Eagle estaba entre as 100 e 180 horas.

Applicacións

Admiralty N.S.3 North Sea Airship Admiralty 23 Class Airship Airco DH.4 Airco DH.9 Airco DH.10 Amiens Airco DH.16 ANEC III BAT F.K.26 Blackburn Blackburd Curtiss H.12 Large America Curtiss-Wanamaker Triplane Dornier Do E Dornier Wal Fairey III Fairey Campania Felixstowe F.2 Felixstowe F.3 Felixstowe F.4 Felixstowe F.5 Fokker F.VII Grahame-White G.W.E.7 Handasyde H.2 Handley Page Type O Handley Page V/1500 Handley Page Type W Hawker Horsley Porte Baby Porte Super Baby Martinsyde F.1 Rohrbach Ro II Rohrbach Ro III Royal Aircraft Factory F.E.2 Royal Aircraft Factory F.E.4 Royal Aircraft Factory R.E.7 Short Bomber Short N.1B Shirl Short Type 184 Sopwith Atlantic Sopwith Wallaby Sopwith Tractor Triplane Supermarine Commercial Amphibian Supermarine Scarab Supermarine Sea Eagle Supermarine Swan Van Berkel W-B Vickers F.B.11 Vickers Valparaiso Vickers Vernon Vickers Viking Vickers Vulcan Vickers Vulture Vickers Vimy Wight Converted Seaplane

Notas

Bibliografía

Gunston, Bill. World Encyclopedia of Aero Engines. Sutton Publishing, 2006.

Lumsden, Alec. British Piston Engines and their Aircraft. Marlborough, Wiltshire: Airlife Publishing, 2003. . Pugh, Peter. The Magic of a Name - The Rolls-Royce Story: The First 40 Years. Duxford, Cambridge: Icon Books, 2001. .

Categoría:Motores de aviación