miniatura|307x307px| Europa despois do Tratado de Aquisgrán O Tratado de Aquisgrán de 1748, tamén chamado Tratado de Aquisgrán ou Tratado de Aachen ou de Aix-La Chapelle foi asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748, ao remate das negociacións que comezaron o 24 de abril do mesmo ano, e que puxo fin á Guerra de sucesión austríaca.

A guerra de sucesión de Austria A guerra de sucesión austríaca estivo motivada por unha complexa situación sucesoria: o emperador xermánico Carlos VI de Habsburgo, que non tiña fillos varóns, coa Pragmática Sanción de 1713 regulou a sucesión imperial en beneficio da súa filla María Teresa. A pesar da aprobación previa das potencias europeas, á morte de Carlos VI, o 19 de outubro de 1740, naceu un conflito europeo, desencadeado polos proxectos de anexión de Federico II de Prusia, Reino de España, o Reino de Sardeña e as aspiracións á coroa imperial do electorado de Baviera, Carlos VII e Augusto III de Saxonia; o conflito tamén implicou a Francia e as colonias españolas, atacadas por Gran Bretaña.

O tratado de paz En base ao Tratado de Aquisgrán, que puxo fin ao conflito, confirmouse a Pragmática Sanción de 1713 e recoñeceuse a parella imperial formada por María Teresa e Francesco Stefano di Lorena. Francia devolveu os Países Baixos do Sur (é dicir, a actual Bélxica) a Austria e aceptou o restablecemento do status quo nos territorios de ultramar (intercambio de Madrás coa Fortaleza de Louisbourg; extensión por catro anos do asiento a favor da Gran Bretaña). O estado que obtivo maior vantaxe foi Prusia, que se anexionou definitivamente a rica rexión de Silesia, arrincada de Austria. O tratado tamén atribuía:

o Ducado de Parma, Piacenza e Guastalla a Filipe de Parma, fillo de Filipe V de España e Isabel de Farnesio; os condados de Angera, Vigevano, Voghera e Bobbio, antigamente parte do Ducado de Milán, ao rei Carlo Emanuel III de Sardeña.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Paz Guerra Guerra de sucesión española Guerra de sucesión austríaca Guerra de sucesión polaca Guerra da orella de Jenkins Guerra anglo-española Asiento Asiento de negros Compañía dos Mares do Sur Tratado de Worms Ligazóns externas http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/btv1b8625375d/f1 "Traité de paix entre le Roi, le Roi de la Grande Bretagne, et les Etats genéraux des Provinces-unies des Pays-Bas, conclu à Aix-la-Chapelle le 18 octobre 1748; avec les accessions du Roi Catholique de la Reine de Hongrie et de Bohême, impératrice, du Roi de Sardaigne, du Duc de Modène et de la République de Gênes"

Categoría:Tratados de paz Categoría:Guerras do século XVIII