Charo Valcárcel Mato, nada en Vinseiro (A Estrada) o 24 de maio de 1960, é unha escritora galega.
Traxectoria Neta de Bernardo Mato Castro.A historia de Bernardo Mato Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC. Foi profesora de lingua e literatura galega no IES Valle Inclán de Pontevedra. Logo da súa xubilación publicou o seu primeiro libro de poesía Cando os bosques sintan frío en decembro de 2021 Presentación de los primeros libros de Charo Valcárcel y Manuel Brey e en 2022 o libro de relatos protagonizados por mulleres Funámbulas (Relatos: "Derrota, Cazador, Espello, Néboa, Certezas, Nó, Desatino, Angele dei, Inocente, Desafío, Outono, A pomada de Graña").
Participou en publicacións colectivas coma a revista Furman (2020), Xistral (2021) e nas colectáneas de poesía luso-española Cultura sen fronteiras e Abraço de culturas. miniatura|Presentando con Xaime Toxo Cando os bosques sintan frío en Bueu, Libraría Miranda, agosto 2022 É unha das creadoras do proxecto web De vella a bella. No IES Valle Inclán dirixiu o grupo de teatro Argallada.
Obra Poesía
Cando os bosques sintan frío (2021). A Coruña: Medulia. 70 páxs. ISBN 978-84-124509-9-6. Prólogo de Antón Riveiro Coello. A nena chuvia (2024). A Coruña: Medulia. 48 páxs. Prólogo de Ramón Caride. ISBN 978-84-10324-36-7.
Narrativa Funámbulas (2022). Ferrol: Embora. 100 páxs. ISBN 978-84-17824-79-2. Nais (2025). Baía Ed. 123 páxs. ISBN 9788499954691. Unha historia de mulleres, de varias xeracións da mesma familia, que se van coñecendo a través da súa relación con Sara, a protagonista. Premios XIII Certame literario Terras de Chamoso polo relato Espello. Vida persoal miniatura|Participantes na Lonxa de versos 2025 (Pontevedra): Carmen Quinteiro Moreno, João Pedro Azul, Charo Valcárcel, Aurelino Costa, Xaime Toxo, Olga Santos, Armando González López, Elisabeth Oliveira (de esquerda a dereita) É nai de Iria, Adrián e Brais Morgade Valcárcel.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Couceiro, Nerea (27/4/2022). “Comecei a pensar en publicar cando me retirei da miña carreira como docente” Faro de Vigo. Charo Valcárcel recita "No camiño" en Bueu, agosto 2022 youtube Graça Amiguinho recita "Acougo azul" youtube "Os abrazos", versión de Graça Amiguinho e Lino Lobão youtube
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1960